Benvidos ao Bacharelato e aquí vos deixo os criterios de cualificación da miña materia Matemáticas I

Todas as actividades desenvolvidas terán repercusión na nota de cada avaliación. En cada avaliación realizarase un mínimo de dúas probas escritas cos contidos específicos asociados aos diferentes criterios de avaliación. O 90% da nota da avaliación estará conformado pola media aritmética ou ponderada das probas escritas. O 10% restante obterase das táboas de indicadores nas que serán avaliados os criterios de avaliación correspondentes á última unidade. Estes criterios estarán asociados a rúbricas, listas de cotexo ou escalas de observación e nos permitirán avaliar as aportacións, o traballo diario así como as tarefas presentadas polo alumnado.

A avaliación final da materia farase mediante o cálculo da media aritmética das tres avaliacións. O aprobado obtense con todas as avaliacións superadas ou con dúas avaliacións superadas sempre e cando a media aritmética das tres avaliacións sexa igual ou superior a 5.