
Vento ferido, é un libro de narrativa, composto por unha ducia de relatos breves, en galego, do ourensán Carlos Casares Mouriño, acompañados de catro ilustracións de Xulio Maside. Publicado por vez primeira en 1967 pola Editorial Galaxia.
| “ | Aos meus pais. A Merches e Xavier, meus irmáns. A Paco e Sira, bos amigos. |
” |
|
— dedicatoria |
||
- "O xogo da guerra"
- "Coma lobos"
- "Cando cheguen as chuvias"
- "Monólogo"
- "Agarda longa ao sol"
- "A capoeira"
- "Vou quedar cego"
- "A tronada"
- "O Xudas"
- "A rapaza do circo"
- "O outro verán"
- "Aparecerá pola esquina"
Debido ao relato dun paseo que se fai no conto "Coma lobos", a obra sufriu un intento de secuestro pola censura, que Francisco Fernández del Riego, avisado, evitou sacando os exemplares da editorial e agochándoos. Cando chegou a policía dixéronlles que xa se venderan todos. Logo diso, fíxose e distribuíuse unha segunda edición, reimprimindo a primeira, sen mudarlle a data.[5]
Apareceu, sucesivamente, nas coleccións: «Illa nova», «galaxia·narrativa» e «Biblioteca Carlos Casares».
Foi publicado en inglés co título Wounded Wind (tradución de Rosa Rutherford, 2004)[6] e en castelán, co título Viento herido, polas editoriais Alborada (colección «La Locomotora», 1988) e Punto de Partida (tradución de Mónica Álvarez, 2010).
Inspirada no libro, en 2015 fíxose unha curtametraxe dirixida por Miguel Grandío.