TRABALLO SOBRE A NOVELA ILUSTRÍSIMA DO AUTOR CARLOS CASARES
ARGUMENTO
Ilustrísima, un bispo que reside nun palacio situado nunha cidade galega de principios do século XX, decídese a ir disfrutar dunha sesión nun cinematógrafo que instalara na urbe un italiano chamado Barbagelatta; a pesar da intolerancia e o rexeitamento que o lectoral don Telesforo e outros membros da súa diócese manifestan cara ao invento. Estes últimos tratan primeiro de convencer ao prelado de que se desfaga do cinematógrafo, léndolle un informe no que catro teólogos de prestixio defenden esta postura. Ante a negación do bispo, deciden publicar nunha revista un artigo no que promoven a eliminación do cinematógrafo, asinándoo cunha falsificación da súa sinatura; pero Ilustrísima descóbreo e edita nesa publicación un escrito no que informa de que el non escribiu o texto. Finalmente, o cinematógrafo do italiano arde por causas incertas, e este suceso leva a Ilustrísima a caer nunha depresión e a publicar na imprensa un texto blasfemo baixo o pseudónimo “Aleceiros”. O cal alarma aos eclesiásticos da súa diocese, e infúndelle ao prelado un inmenso temor a ser descuberto, que o leva a redactar un texto no que culpa do feito a un autor do texto alleo a el e que finxe descoñecer, para así alonxar del as sospeitas e facer que un inocente sexa castigado no seu lugar polo acontecido.
TEMAS
Os temas principais presentes nesta novela son o prexuízo da relixión católica para a saúde, a intolerancia e o fanatismo relixiosos, e o dogmatismo.
- O prexuízo da relixión católica para a saúde apréciase, por unha banda, na personaxe de sor Sabina, que sofre dunha debilidade física e psicolóxica que parece estar causada por actos de penitencia e abstención derivados do seu deber como monxa. Por outra banda, os problemas que lle provoca o seu traballo como bispo (relación de enemistade com don Telesforo, obrigación de pechar o cinematógrafo de Barbagelatta, publicación dun texto blasfemo en El Liberal), acaban por sumir a Ilustrísima nunha depresión e mesmo por facerlle desexar a súa propia morte.
- A intolerancia e o fanatismo relixioso de don Telesforo e os outros cregos da diócese que o apoiaron na súa decisión de desfacerse do cinematógrafo; así como da masa de fieis dirixida por don Telesforo, que se rebela contra Ilustrísima por unha colaboración blasfema que este publica no xornal El Liberal.
- O dogmatismo manifestado nos eclesiásticos que rexeitan o invento do cinematógrafo, por considerar o progreso que pode achegar á sociedade como unha ameaza para o dogma (verdade rebelada) cristiá que eles defenden e non admiten que se cuestione. Este tema tamén se aprecia na confianza cega que ten don Xenaro nas verdades que Deus lle rebela á santa sor Sabina.
CONTEXTO HISTÓRICO DA NOVELA
O contexto histórico no que se sitúa a novela é o de principios do século XX. Isto podemos deducilo polo feito de que na novela hai un xornal de ideoloxía política conservadora, chamado La Verdad, e outro de ideas políticas liberais, denominado El Liberal. Os cales coinciden coa orientación liberal e conservadora dos dous partidos políticos dinásticos que se turnaron no poder durante a Restauración Borbónica (1874 – 1931), liderados por Mateo Sagasta e Antonio Cánovas del Castillo respectivamente. Ademais, na novela se comenta que no momento en que transcorren os feitos narrados nela, España está sendo gobernada por Sagasta. E o xornal La Verdad acusa ao de El Liberal de publicar a noticia sobre a eliminación do cinematógrafo e de escribir nel unha falsa sinatura de Ilustrísima, para achegar simpatías á causa anticlerical de Canalejas, quen foi un político galego do partido liberal de Sagasta que desenvolveu a súa carreira política entre 1881 e 1912.
Outro feito clave que nos permite saber o contexto histórico no que acontecen os sucesos da novela, é a presenza das proxeccións do cinematógrafo na cidade galega na que se desenvolve a obra, xa que este foi inventado polos irmans Lumiere na década de 1890 e difundido mediante proxeccións en pobos e cidades de Europa, India e China, durante a derradeira década do século XIX e o primeiro terzo do XX.
ESTILO E LINGUAXE
A linguaxe que emprega Carlos Casares nesta obra está coidada, pero non chega a ser excesivamente culta.
O seu estilo está marcado por unha sintaxe voluntariamente simple e pola escaseza de conectores; pola brevidade, a precisión e a claridade; polo emprego frecuente de adxectivos para describir as realidades ficticias da novela, e por un léxico rico e sinxelo.
Daniel Sanjurjo Guimarey 2º BACH A