
A galiña azul é unha obra narrativa de literatura infantil de Carlos Casares, gañadora do 1º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1968 e publicada o mesmo ano por Galaxia na colección Tartaruga.
Consta de cinco pequenas historias entrelazadas:
- "O peixe da fonte do xardín"
- "A bomba da felicidade"
- "A galiña azul", "A formiga esquiadora"
- "O final da historia da galiña azul".
Inclúen ilustracións de catro rapaces irmáns: Trichi, Ilda, Mima e Alberto García Alonso, fillos de Ricardo García Suárez (Xohán Ledo).
As historias son fantásticas, e nelas teñen protagonismo animais e homes con características peculiares e carácter entrañable. Os contos foron escritos para unha rapaza de 7 anos, Ana, que marchou cos seus pais a Cantabria, para que non esqueza as súas orixes galegas.