

O currículo deste ciclo formativo concretarase nas programacións didácticas ou desenvolvemento curricular, potenciando ou creando a cultura de prevención de riscos laborais nos espazos onde se impartan os diferentes módulos profesionais e proxecto intermodular, así como promovendo unha cultura de respecto ambiental, a excelencia no traballo, o cumprimento de normas de calidade, a creatividade, a innovación, a igualdade de xénero, o
respecto a calquera diversidade, a promoción da igualdade de oportunidades, o «deseño para todas as persoas» e a accesibilidade universal, especialmente en relación coas persoas con discapacidade.
Dende o currículo do ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais II, se contemplarán plans de traballo, proxectos de innovación e investigación
aplicadas, que garantan o coñecemento de como as tecnoloxías, os procesos avanzados e a transición ecolóxica modifican constantemente cada sector produtivo, prestando especial atención á aprendizaxe baseada en retos, que conecten os procesos de ensino e aprendizaxe coa realidade dos sectores produtivos e o mundo laboral. Así mesmo, dentro deste ámbito deberán abordarse procesos de formación en innovación tecnolóxica, en transformación dixital, tecnoloxía inmersiva e en metodoloxías avanzadas de aprendizaxe.
O currículo do ámbito de Comunicación e Ciencias Sociais do ciclo da formación profesional básica de Electricidade e electrotecnia II impartirase cunha metodoloxía flexible e aberta, baseada no autoaprendizaje e adaptada ás condicións, capacidades e necesidades persoais do alumnado, de forma que permitan a conciliación da aprendizaxe con outras actividades e responsabilidades.
- Teacher: Susana Fernández Louro
- Teacher: Sonia Vivero
- Teacher: elvira Rey Permuy
- Teacher: Laura Rodríguez Cancela

