Este 8M quixemos poñer en valor o traballo das mulleres científicas galegas. O alumnado de 1º, 3º e 4º de ESO de Bioloxía e Xeoloxía investigou a vida e achegas de distintas investigadoras en ámbitos como a bioloxía, medicina ou oceanografía.

Como resultado deste traballo, creamos no noso centro un paseo da fama de mulleres científicas, no que se recollen os nomes destas científicas e unha breve referencia á súa traxectoria.
Con isto, quixemos facer unha pequena homenaxe para dar visibilidade ao seu traballo e para lembrar a importancia de contar con referentes femininos na ciencia.