Informamos a toda a comunidade educativa que xa se poden consultar as listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído para a modalidade de Ciencias e Tecnoloxía de 1º de Bacharelato.
Debido á normativa vixente de Protección de Datos de Carácter Persoal, e co obxectivo de garantir a máxima confidencialidade da información do alumnado:
- Non se publicarán as listaxes nesta páxina web.
- Non se facilitará información sobre a admisión por vía telefónica.
Por todo isto, as persoas interesadas deberán acudir persoalmente ao instituto para realizar a consulta nos taboleiros de anuncios situados no interior do centro.
Datos de interese para a consulta:
- Lugar: Taboleiro de anuncios principal, no vestíbulo do instituto.
- Horario de acceso: O centro permanecerá aberto para consultas en horario continuado de 8:30 a 21:30 a horas.
