Solucións as incidencias comúns nos equipos abalar
Os equipos non cargan. 3 posibilidades:
O protector do enchufe está desconectado
Este é un erro que ocorre moi frecuentemente no meu centro de traballo debido a que temos unha instalación eléctrica deficiente.
Os carros de carga están protexidos contra posibles subidas de tensión, nese caso desconéctanse electricamente da rede e non cargarán os equipos ata que os volvamos a conectar manualmente a rede eléctrica
Para solucionalo:
- Comprobamos no caixón superior o panel de carga.

- Debería aparecer unha mensaxe coma a seguinte:

- Isto sería o normal e o carro de carga estaría funcionando correctamente. Pero se os portátiles non cargan, seguramente aparecerá a mensaxe SIN TENS. Iso significa que o carro desconectouse da rede eléctrica, para protexerse dunha sobrecarga (Non sei cal é o motivo pero ocorre frecuentemente nas aulas).
Para solucionalo simplemente temos que premer o botón verde do protector que está o lado do enchufe. Se todo foi ben no indicador do caixón superior aparecerá a mensaxe da imaxe.

Alguén premeu o botón vermello que esta na parte superior dos armarios de carga
O botón vermello é un interruptor de emerxencia pensado para eliminar toda a corrente eléctrica do carro en caso de emerxencia.
O problema pode presentarse se alguén o preme por error. As veces os alumnos, ou incluso o profesorado deixa dicionarios ou libros pesados no carro que poden chegar a caer e premer o botón vermello. Nese caso o carro estará en estado desconectado ata que fagamos o seguinte procedemento:

- Xirar suavemente o botón vermello ata que faga clic e volva a súa posición orixinal.
- Abrir as portas traseiras do carro e levantar os interruptores

- Comprobar no panel de carga que o equipo volve a ter carga eléctrica.
Pode ocorrer que teñamos equipos que os profesores se queixan de que non cargan correctamente. Pode ser que os alumnos enchufaran mal o equipo e nese ciclo de carga non cargasen ou que o conector de carga do armario estea defectuoso.
Para sabelo, o mellor é etiquetar os conectores de carga e cargar os equipos sempre no mesmo conector, se sempre temos o problema no mesmo equipo e o equipo carga ben con outro conector o problema é do conector de carga.
Nese caso temos que contactar coa UAC.
Problemas relacionados coa rede Wifi
Se temos problemas de acceso a Internet dende as aulas Abalar pode ser debido a varios factores.
- En primeiro lugar se a velocidade de acceso a Internet é escasa, temos que comprender que se está dividindo toda a velocidade dispoñible para o centro educativo (ancho de banda) etre tódolos equipos que están accedendo simultáneamente a Internet. Un consello para paliar esta situación sería levar os vídeos baixados previamente en lugar de velos directamente dende Internet.
- Pode que nunha aula concreta teñamos problemas para acceder a Internet, este problema pode ter que ver punto de acceso desa Aula. Un punto de acceso é un repetidor da sinal Wifi existente na Aula.
No meu centro tíñamos un problema curioso: Nunha aula concreta se o punto de acceso dunha aula estába conectado, Internet nesa aula non funcionaba e se o desenchufábamos funcionaba correctamente.
O problema radicaba en que cada punto de acceso emite nunha canle, se temos varias Wifi's na mesma canle con moita intensidade fan interferencias e non funcionan. Os equipos Abalar intentan conectarse o punto de acceso abalar que teña máis potencia, intentábano co da aula pero como tiña interferencias non saían a Internet. O desenchufar o punto de acceso conectábanse o punto de acceso da clase do lado co que saían sen problemas, iso si eran máis equipos a repartir a sinal dese punto de acceso.
Para comprobar as sinais Wifi dos puntos de acceso e as canles en que emiten podemos instalar o programa Wifi Analizer no noso teléfono móbil Android.
No caso do meu centro educativo interferían a rede Abalar e a rede Siega polo que tivemos que contactar coa UAC para que reordenara as canles da Wifi da rede Siega.

Na captura apreciamos como tódolos puntos de acceso da Wifi do Centro Educativo ou rede Siega (ED_360119475) están na mesma canle provocando interferencias co punto de acceso da rede Abalar.
Problemas relacionados co mal funcionamento dos equipos
Sempre que o equipo presente algún problema de funcionamento, a nosa primeira opción é restaurar ese equipo seguindo o procedemento estándar. Se iso non funciona pode deberse a un problema hardware e a súa solución está fora das nosas posibilidades. Teríamos que contactar coa UAC.
Contactar coa UAC (Unidade de Atención a Centros)
- Teléfono: 902 905 445
- Correo Electrónico: uac@edu.xunta.es