MOVEMENTO OBREIRO EN ESPAÑA

INTRODUCIÓN

 Na composición que desenvolveremos a continuación imos reflectir a importancia do movemento obreiro o longo do século XIX e principios do XX: dende os seus inicios e desenvolvemento có ludismo (doc. 1), as primeiras manifestacións da necesidade do dereito de asociación (doc. 3) ás primeira manifestacións das novas ideoloxías obreiras (anarquismo e comunismo, doc. 3) ata a folga de 1917 como exemplo da actuación conxunta dos sindicatos e dos obreiros (doc. 4).

 Para elaborar estas ideas teremos en conta as ideas fundamentais que aparecen nos documentos seguintes:

- Parte do xeneral Pastor sobre o incendio da fábrica Bonaplata (Barcelona, 1835): documento militar que fai referencia a esas primeiras manifestación obreiras

- A petición as Cortes no El Eco de la Clase Obrera (1855), discurso político elaborado polos representantes obreiros ante as Cortes.

- O papel da AIT según La Defensa de la Sociedad (1875): artigo político onde exponse os problemas que podía supor o movemento obreiro

- O Manifesto da UGT e a CNT en 1917, manifesto obreiro que pon de relevancia o papel dos sindicatos dentro da crise xeneralizada da 1917.

CONTEXTO

  1. CARACTERÍSTICAS DO PERIODO

España aborda ao longo do século XIX un proceso de renovación económica e social partindo dun modelo de desenvolvemento que non alcanzará as cotas de dinamismo agrario, industrial e financeiro que experimentaron outros países como gran Bretaña ou Francia. Sen embargo, isto non significa que a economía española fose subdesenvolvida, ao marxe do capitalismo e atrapada no inmobilismo, simplemente practicou un proceso de modernización e unha revolución industrial propia da Europa mediterránea cunha economía que se modificaba e crecía pero a un ritmo máis lento que o dos países avanzados (segundo as ideas de Tortella).

Non podemos esquecer os acontecementos políticos, xa que en gran medida influirán nas actuacións do movemento obreiro. Ao longo do século XIX triunfou en España o modelo liberal doutrinario (desenvolto en gram medida baixo o reinado de Sabela II) que, a pesares do breve paréntese do sexenio democrático, volverá a impoñerse na etapa da restauración borbónica iniciándose con Alfonso XII un período de longa estabilidade política que comezará a dar síntomas de debilidade a partir de 1913, xa baixo o reinado de Alfonso XIII. A imposibilidade da reforma do sistema derivará nunha profunda crise do réxime da restauración e do sistema parlamentario que rematará en 1923 coa ditadura de Primo de Rivera.

  1. ANTECEDENTES

O movemento obreiro vai intimamente ligado ao proceso de industrialización que sabemos que en España foi más tardío que en outros países de Europa e que se iniciou xa durante o reinado de Fernando VII pero que terá o seu impulso definitivo coa chegada dos liberais ao poder en torno a 1833. Os liberais abordan non só importantes reformas políticas senón económicas e sociais. Neste sentido, toda a lexislación económica do antigo réxime foi modificada e creouse un novo corpo legal tendente a facilitar a liberdade económica, o desenvolvemento do capitalismo e a industrialización.

Paralelo ao proceso de industrialización desenvolverase tanto a nivel internacional como en España unhas novas relacións laborais e un empeoramento das condicións de vida da clase traballadora –longas xornadas laborais, falta de protección social, baixos salarios...- o que levara a que se estenda a conflitividade social. A conflitividade social deu orixe ao xurdimento de organizacións que loitaron para acadar melloras (doc. 1 e 2). O conxunto destas actividades recibe o nome de movemento obreiro. Para analizar o movemento obreiro en España é necesario ter en contra dúas cuestións:

-O desenvolvemento da política e da lexislación interior que influirá na evolución e consolidación do movemento obreiro (doc. 2).

-A difusión das ideoloxías obreiras, marxismo e anarquismo inspiradoras das organizacións obreiras españolas (doc. 3 e 4).

ANÁLISE.

1. O movemento obreiro en España terá ata a etapa do sexenio democrático pouca incidencia política pero si certa relevancia social porque dende a aparición da mecanización nas fábricas, dende o proceso de cambio nas formas de vida, os obreiros comezarán a ter conciencia de clase. A xestación desa conciencia será un proceso lento e complexo onde será necesario un período de maduración dos obxectivos a combater e dos elementos a reivindicar.

As primeiras protestas en España aconteceron nas décadas de 1820-30. Os obreiros reaccionaban contra a perda do traballo ou o empeoramento do mesmo mediante o ataque as fábricas ou as máquinas. Estas accións denominadas luditas-nome dado polo obreiro inglés Ned Ludd- iniciáronse en Levante- Alcoi, 1821 e Barcelona, nas fábricas de Bonaplata en 1835. Non é estraño a importancia deste proceso en Cataluña xa que foi a primeira zona industrial de España cun desenvolvemento ligado ao sector téxtil, un sector continuamente renovado grazas a introdución do algodón e a mecanización dos procesos de fiado e de tecido. As Fábricas de Bonaplata foron as primeiras en introducir a máquina de vapor en 1832 e que en 1835 sufrirán o ataque ludista, “foi quemada a fábrica” como vemos no texto (DOC. 1). Sen embargo, o ludismo como practica violenta estaba mal encamiñado e resultou prexudicial para a clase obreira, o inimigo non era a maquina senón o empresario.

2.Moi pronto os obreiros entenderon que a orixe dos problemas eran as relacións de produción e traballo así que se foron centrando nas relacións laborais e na defensa de dereitos (doc. 2). A finais da década dos anos 30, o movemento obreiro toma conciencia de que para defender os seus obxectivos é preciso unirse. Sen embargo a lexislación liberal prohibía a la asociación sindical porque era contraria as teorías económicas dominantes partidarias de la liberdade máis absoluta nas relaciones económicas (considerábase que o asociacionismo obreiro era contrario a lei de contratación). Neste sentido foi clave a promulgación da Lei de Asociacións en 1839 que autorizaba a fundación de sociedades de socorro mutuos. O movemento asociacionista obreiro estendeuse rapidamente creando sociedades de Socorros Mutuos ou sociedades mutualistas e sindicatos por oficios nos que os obreiros asociados entregaban unha pequena cota para asegurarse unha axuda no caso de desemprego, enfermidade, morte ou folga. A primeiras destas asociacións foi a sociedade de Protección Mutua dos texedores do algodón creada en Barcelona en 1840. O asociacionismo estendeuse por España e significou a extensión das reivindicacións obreiras. 

3. Ao longo das décadas centrais do século, os gobernos moderados prohibiron o asociacionismo obreiro para a defensa dos seus dereitos laborais e políticos de aí o recurso á folga. As folgas foron un instrumento usado para presionar aos patróns. Na década de 1840 houbo moitas folgas en España pero a primeira folga xeral declarada foi a de 1855 durante o Bienio progresista. A súa orixe estivo en Barcelona e o detonante foi o rexeitamento a introducir novas máquinas fiadoras que aforraban moitos postos de traballo. Desta maneira a maior reivindicación será “o dereito de ASOCIARNOS”, unha medida e un logro fundamental cara a conseguir a legalizacións plenas dos sindicatos e partidos políticos vinculadas as ideoloxías obreiras.

4. Na segunda metade do século XIX apareceron novas ideoloxías que tiveron unha fonda repercusión nos movementos sociais, estas son o anarquismo e o socialismo marxista. O marxismo é unha ideoloxía que defende o fin das clases sociais a través da participación política fronte o anarquismo que avoga pola destrucción do estado e de toda forma de poder. Estas ideoloxías obreiras, a pesares de ter obxectivos comúns, mantiveron unha clara oposición (EN FUNCIÓN DO TEMPO ESTE PUNTO PODE DESENVOLVERSE MÁIS, ANALIZANDO OS PRINCIPIOS DO COMUNISMO E DO ANARQUISMO).

ANARQUISMO: OBXECTIVO: a transformación revolucionara e total da sociedade capitalista, PRINCIPIOS:Destrución do Estado. Eliminación de calquera tipo de autoridade. Supresión da propiedade privada e abolición das herdanzas. Eliminación das diferencias socioeconómicas. Nova sociedade organizada en comunas autónomas e autoxestionadas mediante acordos libres e pactos dos seus habitantes. A transformación ten que ser realizada polos traballadores, fundamentalmente proletariado agrario. FORMA DE LOITA : Loita política: no creen en ela. Loita revolucionaria:folga xeral, sindicatos, organizaciones clandestinas, atentados….

SOCIALISMO: OBXECTIVO: transformar a sociedade capitalista en socialista. PRINCIPIOS: Importancia das condicións de cada comunidade. O medio sería a loita de clases. O proletario, organizado en sindicatos e partidos políticos, é o protagonista. Os traballadores deben conquistar o poder e utilizar o Estado como instrumento de modelación social. Conquistado o poder debe impoñer a dictadura do proletariado: expropiación da propiedade privada e dos medios financeiros e de produción, que deben pasar o Estado. Lo grada a colectivización e socialización dos medios de produción, todos os individuos deberán ter iguais condicións de vida.

5. Un momento clave dentro do movemento obreiro a nivel internacional foi a fundación en 1864 da asociación internacional de traballadores (A.I.T.) en Londres que popularmente vai ser coñecida como primeira internacional obreira. O obxectivo da AIT era potenciar a unión e loita dos traballadores en todo o mundo (doc. 3).

-En España, tras o triunfo da revolución en setembro de 1868, abrirase un período de distensión política que permitirá a difusión da ideoloxía obreira. Nese ano, un enviado a AIT, Fanelli viaxa a Madrid e Barcelona para crear os primeiros núcleos de afiliados á Internacional. Fanelli era membro da alianza internacional creada por Bakunin e difundiu os ideais anarquistas coma se fosen os da AIT. A fundación da FRE da AIT foi en Barcelona en 1870 onde tivo lugar o primeiro congreso da Federación rexional Española e alí adoptáronse acordos concordantes co a liña anarquista do obreirismo. Dende 1869 as asociación obreiras expandíronse por toda España chegando a existir ata 195. Os núcleos de maior importancia foron Barcelona, Madrid, levante e Andalucía. O internacionalismo terá éxito durante a 1º república pero a FRE da AIT perderá forza dende 1874 onde foi declarada ilegal por Serrano e disolveuse definitivamente en 1881.

-Paralelamente, en 1871 chegou a Madrid Paul Lafargue e impulsou o grupo de internacionalistas madrileños favorables as posicións marxistas. Este grupo madrileño estaba formado por Francisco Mora, José Mesa e Pablo Igesias. As discrepancias entre as dúas correntes internacionalistas –marxista e anarquista- culminaron en 1872 coa expulsión do grupo madrileño da FRE e coa fundación da Nova federación madrileña de carácter marxista, que será orixe para a creación na clandestinidade do PSOE en 1879. No nacemento do PSOE destaca a figura de Pablo Iglesias tamén impulsor da federación de sindicato socialista s a UXT –Unión xeral de Traballadores- fundado en Barcelona tras a Lei de Asociacións de 1887. Destacar que fronte a division dos marxistas, no socialismo empre houbo unha estreita relación entre partido e sindicato así como a dobre militancia dos afiliados e dos dirixentes. O Partido tivo unha Implantación moi lenta-Madrid, Biscaia e Asturias e posteriormente Cataluña e Andalucía. Dende 1890 o PSOE presentou candidatos as eleccións municipais e xerais e unha alianza entre socialistas e republicanos permitiu a elección de Pablo Iglesias como o primeiro deputado obreiro.

 6. O século XX será o da consolidación do movemento obreiro onde os obreiros alcanzaron unha importancia numérica significativa. Dende finais do século XIX as federacións anarquistas eran moi activas pero non integradas nunha única organización. Solidariedade Obreira será o 1º intento anarquista de ter unha única organización aínda que en 1910 producirase a fundación do sindicato Confederación nacional do Traballo-CNT que defendía a folga xeral como táctica para a emancipación da clase traballadora. Este sindicato chegou a ser a principal asociación sindical nas 1º décadas do S. XX, con implantación entre o campesiñado andaluz e o proletariado industrial Cataluña, Zaragoza e Valencia. Este sindicato rexeitaba o xogo político e buscaban a negociación directa os empresarios. Destacan personalidades como Anxo Pestaña, Salvador Seguí. Dende 1923 os sindicatos da CNT foron clausurados e moi reprimidos. Tamén o século XX asistirá ao nacemento dun novo partido marxista. Dende o triunfo da revolución rusa en 1917 entre os socialistas iniciouse un debate sobre a conveniencia ou non de seguir o modelos soviético, e dicir, de si facer ou non unha revolución. Este debate provocou a escisión dos socialistas en dúas grandes liñas: o PSOE de defensa dunha vía política e o partido comunista –PC- fundado en 1921 que defendía unha liña activa.

Unha das actuacións máis importantes destas novas ideoloxías e especialmente do ssindicatos será a actuación conxunta da UGT e da CNT na folga de 1917 dentro do contexto xeneralizado da crise de 1917. A masiva exportación de produtos españois a países belixerantes na I GM.de 1914 xerou o alza de prezos dos alimentos de primeira necesidade e provocaron un incremento do malestar social xa que se deterioraron as condicións de vida e deron lugar a protestas e manifestacións. Así en 1917 a UXT e PSOE convocan unha folga xeral en toda España en Agosto de 1917. A folga contou co apoio dos republicanos e da CNT. O seus obxectivoS foron o derrocamento do réxime e convocatoria de cortes constituíntes. A incidencia foi desigual no Estado: maioritaria no proletariado de Madrid, Barcelona, Levante , País Vasco e Asturias. O goberno reaccionou cunha forte represión: emprego de armas de fogo, lei marcial, disolución violenta empregando ao exército… Finalmente as consecuencias serán o fracaso da folga pola dura represión e pola falta dunha estratexia clara, sen embargo, aínda que os obreiros volveron ao traballo xurdiu o medo a revolución social.

CONSECUENCIAS

O longo da exposición viramos o proceso de creación e consolidación do movemento obreiro e como pouco a pouco foron acadándose importantes logros no relacionado as xornadas de traballo e as condicións dos obreiros no seu traballo. Así podemos destacar que os obreiros conseguen que o Estado Liberal elabore leis de carácter laboral que regulen o traballo, os salarios, a xornada laboral. No 1903 créase o Instituto de Reformas Sociais para coñecer a situación socioprofesional do país e para asesorar ó goberno. No 1908 créase o Instituto Nacional de Previsión para organizar unha nacente Seguridade Social. Algunhas concesións ós traballadores foron dereito á folga no 1909 e a reducción da xornada laboral a un máximo de 8 horas no 1919.

Sen embargo non podemos esquecer o que significou a crise da Restauración e a chegada da ditadura de Primo de Rivera, caracterizada pola represión e prohibición de gran parte das ideoloxías contrarias ó sistema político vixente. O movemento obreiro será clave para analizar os acontecementos políticos que terán lugar en España na primeira metade do século XX: folga xeral de 1917, Ditadura de Primo de Rivera, II República..

Última modificación: martes, 13 de setembro de 2016, 11:39 AM