DESAMORTIZACIÓNS DO SÉCULO XIX

• Se vos sabedes o cadro o tedes CASI completo:

DESAMORTIZACIÓNS

PERIODO

ETAPA

LEI

BENS DESAMORTIZADOS

OBXECTIVOS

REINADO DE CARLOS IV

GODOY

1798

1.Expropiación de terras de mans mortas. As terras desamortizadas foron as de institucións benéficas da Igrexa

Obter recursos para cubrir os gastos do Estado provocados polas guerras

CORTES DE CÁDIZ

1810-1814

-Decreto Xeral de desamortización de 1813

1.Bens afrancesados
2.Ben de ordes militares
3.Bens dos conventos destruídos ou suprimidos <12 monxes
4.Parte do patrimonio da coroa
5.Parte dos baldíos e terras dos concellos

Obter recursos para cubrir os gastos do Estado provocados pola guerra

TRIENIO LIBERAL

1820-23

1. Desamortización bens de conventos destruídos ou suprimidos <12 monxes

2.Parte dos baldíos e terras dos concellos

Obter recursos para cubrir os gastos do Estado

REINADO DE SABELA II

REXENCIA DE MARÍA CRISTINA

1833-1840

1835-1836

Mendizábal

-Decreto de outubro de 1835

-Decreto de 1836

ECLESIÁSTICA

1.1835: supresión dos mosteiros de ordes monacais con excepción dos que prestasen servizos sociais
2.1836: Venta dos bens raíces das institucións suprimidas
1.Reformar o réxime de propiedade
2.Obter recursos para cubrir os gastos do Estado provocados póla guerra carlista
3.Reducir a débeda pública
4.Conseguir apoio social á causa liberal

REXENCIA DE ESPARTERO

1840-1843

1841

Espartero

-Decreto de setembro de 1841

ECLESIÁSTICA

Completouse a desamortización eclesiástica

1841-declarados nacionais os bens do clero secular e postos a venda.

DÉCADA MODERADA

1843-1854

1844

-Paralización do proceso de desamortización.

Mellorar as relacións coa Igrexa

Concordato coa Igrexa de 1851 que implicaba a aceptación da Igrexa da venda dos seus bens a cambio de que o estado sostivese ao clero e se considerase o catolicismo como a relixión do estado

BIENO PROGRESISTA

1854-56

1855

Pascual Madoz

-Lei xeral de desamortización, 1855

CIVIL

-Venda dos bens do Estado e dos Concellos

-Venda dos bens que quedaban de propiedades eclesiásticas(a pesares do Concordato de 1851)

-Foi a lei que supuxo maiores cambio polo volume de terras en venda así como as consecuencia sociais negativas, sobre todo campesiñado.

-Paliar a débeda pública

-Financiar a construcción do ferrocarril

Os seguintes documentos serven de base para a realización dunha composición sobre a desamortización, que xunto con outras medidas (abolición do réxime señorial, desvinculación dos morgados...) conforman o que podemos considerar en conxunto a reforma agraria liberal. Os tres primeiros documentos explicitan o tipo de bens afectados por cada medida desamortizadora, expoñendo o primeiro deles os obxectivos que se pretenden acadar. Os dous últimos textos son valoracións do proceso desamortizador no seu conxunto feitas na época actual por historiadores, que deben axudarche a facer un balance do mesmo , pois o primeiro deles (Doc.4) céntrase nos resultados sociais da desamortización , mentres o segundo (Doc.5) atende sobre todo aos efectos financieiros e económicos.

CRITERIOS DE CORRECCIÓN

Dado que a proba consiste na composición dun texto, como criterio xeral de avaliación terase en conta a suxeción ás pautas básicas que rexen a expresión escrita, esencialmente a precisión léxica, a corrección da sintaxe, a claridade na expresión e a coherencia na exposición das ideas.
En canto ós contidos concretos tratados na redacción, e referidos ós documentos presentados, deberían ser abordados os seguintes:
-A desamortización, o seu significado e a súa importancia no conxunto das medidas que configuran a reforma agraria liberal.
-Os distintos bens afectados.
-Obxectivos financieiros, socioeconómicos e políticos.
-Resultados neses mesmos ámbitos.
-É pertinente, pero non esixible, facer algunha referencia ás peculiaridades da desamortización en Galicia: transferencia de rendas, non de propiedades,no caso da eclesiástica, e fracaso da lei Madoz.

COMPOSICIÓN

INTRODUCIÓN

Na seguinte composición imos analizar a evolución dunha das actuacións económicas máis importantes do século XIX. Non só imos falar da importancia das desamortización se non que tamén falaremos sobre o desenvolvemento en España da revolución agraria. Finalizaremos cunha referencia as consecuencias de estes procesos en relación as ideas dos diferentes historiadores.

PRESENTACIÓN DOS DOCUMENTOS.

• DOC.1: Desamortización de Mendizábal (1836), lexislativo-económico e político , xa que é a presentacón oral das leis e recolle unha parte da xustificación feita por Mendizabal .

• DOC.2: Desamortización de Espartero (1841), lexislativo- económico .

• DOC.3: Desamortización de Madoz (1855), lexislativo- económico .

• DOC.4: O xurista e historiador Francisco Tomás y Valiente , historiográfico- económico .

• DOC.5: O historiador Josep Fontana , historiográfico- económico.

CONTEXTO

ANTECEDENTES: situación da economía e da agricultura no Antigo Réxime (moi atrasada) e no XIX (vertebración económica no inicio , freo e estancamento a finais do século e crecemento xeral pero desigual xa no século XX). Podedes falar das dificultades no desenvolvemento do proceso económico ( escasez de capitais, mentalidade, orografía…). Tedes que facer unha referencia ós cambios políticos pola súa importante vinculación cos procesos económicos.

CARACTERÍSTICAS DO PERIODO: proceso xeral de reforma agraria liberal e as súas características (o tedes que vincular xa directamente coas desamortizacións).

SEGUINDO A ORDE DO LIBRO A COMPOSICIÓN COMEZA NA PAXINA 264 (serían os antecedentes) E REMATA NA 268.

ANÁLISE

Doc.1.-Desamortización de Mendizábal (1836):
“Señora: vender a masa de bens que viñeron ser propiedade da nación non é tan só cumprir unha promesa solemne e dar garantía positiva á débeda nacional por medio dunha amortización exactamente igual ao producto das rendas; é abrir unha fonte abundantísima de felicidade pública, vivificar unha riqueza morta, desobstruir as canles da industria e da circulación, apegar ao país polo amor natural e vehemente a todo o propio, anchear a patria, crear novos e firmes vínculos que liguen a ela; é, en fin, identificar co trono excelso a Isabel II, símbolo da orde e da liberdade (...), crear una copiosa familia de propietarios (...).
Art. 1. Quedan declarados en venda desde agora tódolos bens raíces de calquera clase que pertencesen ás comunidades e corporacións relixiosas extinguidas”.

• Definición do proceso desamortizador .

• Desenvolver o cadro: etapa, lei, bens desamortizados e obxectivos(o podedes vincular co doc. 5).

• Tedes que comenzar dende as desamortizacións de Godoy , das Cortes de Cádiz e o Trienio Liberal para logo analizar con maior profundidade a desamortización de Mendizabal .

Tedes que falar un pouco do contexto político: anos do goberno de Mendizabal , baixo a rexencia de María Cristina e vincularlo de manera moi importante ás necesidades do liberalismo de conseguir maiores apoios e plena instauración do liberalismo.

• Importante reflexión sobre o concepto de desamortización eclesiástica.

Doc.2.-Desamortización de Espartero (1841):
“Art. 1. Tódalas propiedades do clero secular (...) son bens nacionais (...).
Art. 3. Decláranse en venda tódalas fincas, dereitos e accións do clero catedral, colexial, parroquial, fábricas das igrexas e confrarías”.

• Continua co desenvolemeto do cadro: etapa lei,bens desamortizados e obxectivos.

Breve alusión o goberno progresista de Espartero, anos...

• Presentala como a continuación das medidas anteriores.

• Rematar esta parte coa supresión das medidas ó longo do goberno moderado e falar da importacia do Concordato de 1851.

Doc.3.-Desamortización de Madoz (1855):
“Art. 1. Decláranse en estado de venda (...) tódolos predios rústicos e urbanos, censos e foros pertencentes:
Ó Estado. Ao clero. Ás Ordes Militares (...). Ás confrarías, obras pías e santuarios (...). Aos propios e comúns dos pobos. Á beneficencia. Á instrucción pública e calesquera outros pertencentes a mans mortas xa estean ou non mandados vender por leis anteriores”.

• Continuar co desenvolvemento do cadro: etapa, lei, bens desamortizados e obxectivos (o podedes vincular co doc.5).

Breve alusión o goberno do bienio progresista, anos…

• Presentala como a continuación das medidas enteriores .

• Importante: desamortización civil.

• En este último punto, se o sabedes, está moi ben que fagades unha breve alusión ás peculiaridades de Galicia e do seu proceso desamortizador .


Doc.4.-O xurista e historiador Francisco Tomás y Valiente enxuíza así a desamortización:
“En suma: que a desamortización municipal se cadra non debeu facerse e que a de bens eclesiásticos e outras “mans mortas” non debeu facerse como se fixo. Pero toda a burguesía, mesmo a de esquerdas, quixo desamortizar, e por conseguinte a desamortización foi un feito consumado (...).
Tamén considero innegable que o sistema desamortizador preferible en función do logro duns beneficios xerais, non debeu ser o de Mendizábal e Madoz (isto é, o do partido progresista), senón o aconsellado no seu día por Flórez Estrada (...). Este era o único capaz de facilitar a creación dunha clase media rural de pequenos propietarios, coa que se estabilizaría no noso país o réxime liberal, e se enchería o baleiro entre o latifundista e o braceiro”.

Doc.5.-O historiador Josep Fontana exprésase do xeito seguinte:
“¿Para que serviu a desamortización? Desde o punto de vista do goberno a resposta é relativamente sinxela. Na etapa de Mendizábal, para salvalo da bancarrota e axudarlle a gañar a guerra civil. Na da chamada lei Madoz, para financiar a construcción da rede ferroviaria. Penso que a medida exacta en que estas vendas redundaron en proveito do Estado non debe minimizarse”

• Tanto o documento 4 como o 5 ten que ver co balance xeral do proceso.

• Aquí tedes que falar do balance político, social e económico deste proceso.

• Tedes que facer unha pequena alusión as visións negativas (Tomas y Valiente critica a mala actuación e o fracaso do proceso, como realmente non creo unha masa rural de propietarios, o tedes que incular sobre todo as cuestións sociais e políticas) e positivas ( Fontana , que nos fala de cómo os gobernos conseguiron cumprir parte dos obxectivos das desamortizacións e tedes que vincular sobre todo as cuestións económicas) que presentan os historiadores do século XX.

CONCLUSIÓNS (en realidade parte das conclusións son todo o escrito nos últimos documentos, procurade non ser moi repetitivos)

CURTO PLAZO:

• Desamortzacións como medida económica característica do século XIX.

• Medida da burguesía feita tamén para a burguesía (enriquecemento, aumento terras…)

LONGO PLAZO:

• A pesar das reformas, o descontento campesiño contra as medidas económicas e a súa situación será moi evidente o longo do XIX aumentando a conflictividade , especialmente en Andalucia e levante.

• A agricultura continuará pouco desenvolvida non só no século XIX con Alfonso XII, se non tamén no XX durante os gobernos de Alfonso XIII e Primo de Rivera . Ademais seran evidentes os fracaso dos intentos modernizadores da II República.

Última modificación: martes, 13 de setembro de 2016, 11:39 AM