Tema 8
TEMA 8- AS TRANSFORMACIÓNS SOCIOECONÓMICAS DENDE COMEZOS DO S. XIX ATA A GUERRA CIVIL
1- INTRODUCCIÓN
O desenvolvemento económico da España liberal caracterizouse polo atraso con respecto os países máis avanzados, coincide o ritmo de España co doutros países latinos(crecemento lento e escaso no s. XIX e acelerado nas décadas iniciais do XX) por iso Tortella fala do “patrón latino de modernización.
A renovación dos sistemas de producción agrícola foi moi escasa a pesar da fonda transformación orixinada no réxime da propiedade da terra,e na que destacan as medidas desamortizadoras e a desvinculación dos morgados.
En España as destruccións provocadas pola Guerra da Independencia, as perdas das colonias americanas e a guerra Carlista, fan que sexa difícil desarticular o sistema económico do Antigo réxime.
A partir de 1830, a economía española desenvólvese dentro do liberalismo, cun crecemento lento e o atraso con respecto a Europa Occidental, incluso fálase do “Fracaso da Revolución industrial en España”(Nadal) xa que persiste o subdesenvolvemento agrícola e unha industrialización incipiente.
2- BASES E DIFICULTADES DO DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
v Liberalismo económico e capitalismo (laissez faire laissez passer) As actividades económicas estarán nas mans de particulares. Haberá liberdade económica absoluta(empresas,comercio,contratacións e salarios, baseadas no libre xogo de oferta e demanda) A aceptación do liberalismo fixo que houbese que promulgar leis de liberdade económica, pero debido á debilidade da burguesía o cambio foi lento.
v Dificultades no desenvolvemento económico: Existen unha serie de factores que inflúen:
§ Físicos e naturais(Clima,relevo,ríos pouco navegables, baixa calidade das terras,escaseza de materias primas e fontes de enerxía)
§ Escasa transformacións agrícolas,desigualdades no réxime de propiedade(latifundio e minifundio)
§ Agricultura sen modernizar,tradicional e conservadora incapaz de ser motor da industrialización.
§ Reducida capacidade de consumo
§ Falta de competitividade dos productos españois
§ Despreocupación polas innovacións técnicas.
§ Escaseza de capitais e desvío destes cara á propiedade inmobiliaria
§ Mentalidade atrasada de empresarios e políticos.
v Proteccionismo e librecambismo: Os gobernos liberais oscilarán entre liberalismo e proteccionismo.Ata mediados do s. XIX predomina o proteccionismo, entre 1850-1870 o avance das comunicacións favorece o librecambismo, dende 1870 de novo proteccionismo.
3-FASES DO DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Segundo o ritmo de crecementos e as actividades productivas atopamos as seguintes fases:
1ª Fase 1830-1870 Vertebración económica e comezo da industrialización. Neste período tiveron lugar as desamortizacións e as transformacións do réxime da propiedade , o inicio da construcción do ferrocarril, a creación do mercado interior e da rede bancaria así como a individualización das zonas productoras en España.O crecemento foi moderado ,soportando incluso crises como as de 1847 e 1866, a pesar das transformacións España continua co seu atraso económico.
2ª Fase 1870-1890 Ralentización e estancamento.A mellora das comunicacións e a formación dun mercado mundial provocaron dificultades económicas e a caída dos prezos na agricultura, debido á chegada de productos do exterior máis baratos, o que provocou a ruína de moitos campesiños e a busca da única solución: a emigración. A economía española depende do capital estranxeiro e exporta só materias primas na súa meirande parte minerais.
3ª Fase 1890-1920 Crecemento en xeral desigual apoiado polo proteccionismo do estado.Desenvolvemento da producción hidroeléctrica, fundación dos grandes bancos, introducción do automóbil e do avión, Desenvolvemento económico na periferia e pobreza no interior agás Madrid.A falta de competitividade dos productos nacionais, a forza das reivindicacións obreiras, o escaso mercado interior facían que a economía española fora cara o seu estrangulamento se non se modificaba a situación. O Golpe de Estado de Primo de Rivera que contou co apoio dos empresarios incidiu no intervencionismo estatal
4ª Fase 1923-1936 se potencia o desenvolvemento económico, o Estado intervirá establecendo un sistema denominado corporativismo autoritario. Estableceuse o Arancel novo en 1924, contrólase o mercado,elimínase a competencia, incrementáronse as obras públicas(ferrocarrís,estradas, pantanos e regadíos). A dictadura favoreceu a creación de monopolios como o de CAMPSA,tabacos etc..En xeral o crecemento económico foi apreciable, en parte tamén favorecido pola situación económica que xurde a nivel internacional “prosperiti” en USA.
- A AGRICULTURA
A-1- CARACTERÍSTICAS DA AGRICULTURA ESPAÑOLA
- A Agricultura é a base da economía española do s XIX e principios do XX. Estancamento na producción e baixos rendementos por hectárea. O atraso técnico e a estructura da propiedade impiden a mellora nos rendementos agrarios. Predomina o cultivo extensivo,pouco competitivo. A falta de competitividade dos productos fai necesario o proteccionismo estatal que evite as importacións estranxeiras. Os Cereais ocupaban as ¾ partes da terra cultivada.
Agriculturas especializadas do litoral mediterráneo:Dende Cataluña ó sur de Andalucía. Cultivos: vid., olivo, frutais e cítricos. Os seus productos son competitivos no mercado europeo. Ocupaban o 12 % da terra pero supoñía o 23 % do valor total da producción agraria. Destaca a importancia da vid., entre 1875 y 1890. A plaga da filoxera nos viñedos franceses permitiu ós viños españois monopolizar os mercados europeos, ata que en 1890 a enfermidade estendeuse pola península e provocou unha grave crise no campo.
Zonas atrasadas con productividade moi baixa mantén as mesmas pautas que no Antigo réxime. Unha agricultura de subsistencia Galicia, Castela ou Aragón.
Como consecuencia da reforma agraria liberal segue manténdose o campesiñado arrendatario no Norte e aumenta o número de xornaleiros no Sur o que xerou unha enorme conflictividade agraria que se fai máis presente en épocas dificultosas
A-2- A REFORMA AGRARIA LIBERAL
No Antigo Réxime a propiedade da terra estaba na súa maior parte amortizada; é dicir vinculada a institucións como a nobreza (a través do morgado), a Igrexa, os concellos (bens de propios e bens comúns) e o propio estado. O estar vinculadas estas terras non se podían vender, partir, nin comprar , é dicir; non se podía dar o desenvolvemento agrícola. Esta forma de propiedade era pouco racional e impedía unha explotación e uns rendementos intensivos, por elo denominaron a estes beneficiarios "mans mortas". Era necesario que a propiedade individual das terras fora posible.Os gobernos liberais aplicaron unha serie de medidas co obxectivo de modernizar a agricultura e establecer un sistema agrario de propiedade e explotación propia dunha economía capitalista. Estas accións leváronse a cabo cos gobernos do réxime isabelino, en especial, nos períodos progresistas (1835-1837 e 1854-1856).
Medidas gobernamentais:
Os gobernos liberais puxeron en práctica un conxunto de medidas denominadas “Reforma Agraria Liberal” que consistira en :
Abolición do réxime señorial.
Desamortización das terras eclesiásticas e comunais.
Desvinculación dos morgados.
Supresión das servidumes colectivas e do diezmo eclesiástico.
Autorización da liberdade de cultivos.
Autorización para o libre cerramento de campos
Liberdade de contratos agrarios.
Liberdade de arrendamentos, salarios e compravenda de terras.
A Reforma legal iníciase nas Cortes de Cádiz e continúase no trienio liberal pero as reformas serán anuladas cada vez que se impoña o absolutismo. A verdadeira reforma liberal levarase a cabo no período de rexencia de Mª Cristina e no reinado de Isabel II entre 1836-1855, sempre baixo o mandato de gobernos progresistas: Mendizábal, Espartero ou Madoz.
1-1 A ABOLICIÓN DO RÉXIME SEÑORIAL
O señorío territorial era o disfrute da terra pero non a posesión dela, era herdada de pais a fillos pero non podían vendela nin comprar outra, nin dividila, co liberalismo o señorío territorial convértese en propiedade da terra.As relacións feudais entre nobre e campesiño se converten en relacións so económicas e laborais. O señor convertese en propietario e o vasallo en traballador. Entre ambos, a relación de vasalaxe substitúese por un contrato laboral de arrendo ou xornal. As facultades feudais de administrar xustiza, nomear autoridades locais e cobrar certos impostos pasan a ser xurisdicción do Estado como corresponde a una sistema liberal.
As leis que terminan co réxime señorial son as de 1811( abolición de señoríos), 1823 e 1837.
1-2 DESVINCULACIÓN DE MORGADOS ( morgado é igual que mayorazgo)
O morgado é unha forma de propiedade que vincula os bens a unha familia, sen que os bens puidesen ser vendidos. Esto permite que o patrimonio da nobreza permanecese intacto durante séculos.a desvinculación non supón expropiación senón que un ben pasa a ser propiedade dos seus titulares.
As leis desvinculadoras prohiben a vinculación das terras e autorizaban ós seus propietarios a vendelas,compralas ou arrendalas segundo a súa libre decisión. A nobreza puido desprenderse das terras menos rendibles, pero os campesiños foron prexudicados xa que perderon dereitos sobre as terras que cultivaban. As leis desvinculadoras foron as de 1820,1836,1841.
A desamortización é un proceso lexislativo, administrativo e xudicial, polo cal a través dun longo período(1766-1855) os bens rústicos(fincas rurais) e urbáns que están en posesión das “mans mortas”(clero, nobreza e concellos) e vinculadas(soamente gozan do seu usufructo, pero non se poden vender e dividir) pasan a ser propiedade particular, ben por ser declaradas bens da nación ou por ser vendidas nunha poxa pública. Desamortización polo tanto aplícase os bens nacionalizados e vendidos nunha poxa. En toda desamortización hai dous pasos:
a) A nacionalización dos bens das mans mortas (unhas veces con indemnización como con Madoz e outras sen ela como no caso de Mendizábal).
b) En un segundo momento eses bens véndense a propietarios privados, aínda que sempre previa obtención de uns beneficios por parte do estado, pois a motivación principal práctica da desamortización era solucionar os problemas da facenda Pública.
OBXECTIVOS DA DESAMORTIZACIÓNS:
Adaptar a propiedade agraria ós principios do liberalismo, propiedade privada individual e libre, que pode ser explotada con criterios capitalistas. Pensábase que modernizando a estructura da propiedade se producirían grandes transformacións agrarias, co que facilitaríase o desenvolvemento económico e a revolución industrial. Este obxectivo non se conseguiu porque a propiedade concentrouse.
Fiscais: Solucionar o problema do déficit da facenda, necesitábanse fondos para facer fronte os gastos das guerras e tamén para financiar as inversións públicas(por exemplo o ferrocarril). Este foi o principal obxectivo.
Fortalecer as bases sociais do réxime liberal co acceso á propiedade dos campesiños.
Gañar adeptos para a causa liberal, a cambio empeoraran as relacións coa igrexa católica .
En España o proceso desamortizador presentou tres etapas:
O reformismo da época de Carlos III. Os ilustrados pretenden aumentar a producción, a recadación e mellorar a situación dos xornaleiros.
Período de valimento de Godoy, os enormes gastos de guerra elevan a débeda pública, son necesarios novos recursos. Real orde de 1798.
Das Cortes de Cádiz(1812) ata a lei de Madoz 1855.(período no que nos imos centrar)
A implantación do Estado liberal-burgués fará que os intereses da facenda coincidan cada vez máis cos da burguesía que é a dona dos títulos de débeda pública. A 1ª norma legal base da desamortización será o decreto do 13 de setembro de 1813 pola que se determina o aumento de impostos así como o pago da débeda coas fincas incautadas que serán vendidas pertencentes a: afrancesados, os xesuítas, ordes militares, conventos e mosteiros destruídos durante a Guerra da independencia, venda de xoias e fincas da coroa, venda de baldíos e terras de realengo.Todo foi vendido en poxa pública pero a chegada de Fernando VII a España fixo que todo voltará á situación anterior.
FASES DO PERÍODO DE 1811-1855
Desvinculación da propiedade da nobreza e supresión de señoríos. Decreto de Agosto de 1811
A posta en práctica destas normas supuxeron a extinción do réxime señorial, transformación dos señoríos en propiedade individual propia do capitalismo. En xeral os grandes latifundios foron respectados. Poucas aldeas conseguiron dereitos de propiedade das terras que cultivaban dende séculos.
As normas acabaron favorecendo á nobreza que se fixo coa propiedade plena das terras, mentres a situación dos campesiños empeorou. No 1814 Fernando VII aboliu este decreto, foi de novo posto en práctica no trienio e anulado en 1823, restablecido no 1836 e desenvolvido por decreto no 1837.
Desamortización eclesiástica.
Vai dirixida ós bens do clero regular e secular. O proceso comeza no 1798, reinado de Carlos IV, continua co decreto das Cortes de Cádiz de 1813 pero ten o seu momento máis álxido na “Lei de Desamortización de Mendizábal”(1836), expropiación e venda polo
estado dos bens das institucións relixiosas. No 1841 co goberno Espartero confíscanse e véndense bens do clero secular. A Igrexa considera que ós seus bens son patrimonio de Xesucristo e propiedade sagrada e inviolable, por iso nos períodos onde gobernan os moderados paralízanse as desamortizacións eclesiástica.
Segundo Francisco Tomas y Valiente a desamortización de bens do clero e fundamental para implantar a propiedade individual e para transformar unha sociedade estamental en unha de clases. A partir de 1844 os gobernos moderados paralizaron o proceso desamortizador e alcanzaron un acordo co Vaticano (Concordato de 1851)polo que a Igrexa recoñece as vendas xa realizadas pero o Estado terá que soster á Igrexa. No 1855 rematouse o proceso
baixo o impulso de Madoz, puxo en venda o resto de propiedades eclesiásticas
Desamortización Civil de Madoz 1855
“Lei Xeral de Desamortización de 1855”a súa aplicación prolongarase ata entrado o s.XX agás unha suspensión entre 1856-1858. A pesar que é chamada Desamortización civil a verdade e que afectou tamén a bens da Igrexa. Pon en venda, saltándose o Concordato de 1851, os bens do clero regular e secular non vendidos con anterioridade, pero afecta tamén e fundamentalmente os bens do Estado e das ordes militares, institucións de beneficencia, concellos e calquera outro ben pertencente as mans mortas. É a liquidación definitiva da propiedade amortizada, o valor das vendas será case o dobre da de Mendizábal. Dentro dos bens desamortizados son moi importantes os bens municipais xa que afectaron moito á economía dos veciños, destas terras aproveitaban de forma libre e gratuíta os seus recursos coma pastos, rozas, leña, froitos, madeira, a partir de agora serán propiedade privada.
CONSECUENCIAS DAS DESAMORTIZACIÓNS
a) Consolida a formación das clases sociais do XIX con unha burguesía cada vez máis presente e un campesiñado onde se diferencian os pequenos propietarios dos campesiños e xornaleiros non propietarios.
b) Pon en venda o 20% do territorio peninsular o que supón o 50% da terra cultivable.
c) Os compradores masivamente son xentes de recursos económicos (nobreza,campesiños ricos ou burguesía), o campesiño é desfavorecido.
d) Como medida política a desamortización foi un éxito, xa que permitiu a desaparición do Antigo Réxime e a implantación do réxime liberal. Como intento de recadar fondos para o Estado non foi un éxito porque moitas propiedades comprábanse con títulos de débeda publica que devaluanse pronto ademais da existencia de corrupción na financiación.
e) A nivel económico acentuou o latifundismo no Sur e o minifundismo no Norte.
f) A Igrexa perde un gran poder económico.
g) Aínda que supuxo un incremento da superficie cultivada non se alteraron os sistemas de producción e cultivo, xa que os novos propietarios non fixeron investimentos importantes e continuaron arrendando as terras.
h) A desamortización puido contribuír ó atraso da industrialización en España pola desviación dos recursos financeiros cara á compra de terras en lugar de invertilos en actividades industriais.
i) O inmenso patrimonio artístico e cultural que estaba nas mans da igrexa sufriu cuantiosas perdas debido á exclaustración e abandono dos conventos e mosteiros.
j) As víctimas da desamortización foron a Igrexa e os municipios que perderon os seus bens e recursos. Os campesiños e xornaleiros pobres viron empeoralas súas condicións de vida coa perda dos beneficios da caridade eclesiástica e do aproveitamento das terras e pastos comunais, ademais do endurecemento dos novos contratos de arrendamento e traballo. Os grandes beneficiados serán a nobreza e a gran burguesía.
A DESAMORTIZACIÓN EN GALICIA
A Desamortización tivo unhas especiais características en Galicia, debido á pervivencia do sistema rural e a peculiar organización dos montes comunais. A maioría das terras estaban sometidas a contratos de arrendamento de longa duración, os foros, que recoñecían a existencia de dereitos diferentes sobre unha mesma parcela:
Ø Os campesiños cultivadores, que pagan as rendas e non poden ser expulsados da terra, teñen o dominio útil.
Ø A nobreza, os mosteiros e catedrais titulares e donos das terras, reciben parte das rendas, teñen o dominio eminente.
Ø A fidalguía local, exerce un papel de intermediaria e cobra a maioría das rendas.
A maioría dos montes comunais non son dos concellos senón dos veciños das parroquias e aldeas. A lexislación liberal respectou este sistema.
Dúas son as características da desamortización galega:
O que se saca a poxa pública son en xeral as rendas forais que percibían os conventos mosteiros e catedrais, e dicir, o estado vende o dereito a percibir unhas rendas, só nunha mínima proporción a poxa faise con propiedades plenas da terra
Escasa importancia da desamortización dos propios, debido ó escaso patrimonio dos concellos galegos.
A desamortización en Galicia non alterou a organización agraria tradicional que procedía do Antigo Réxime, tampouco converteu as propiedades en propiedades individuais, xa que se compra a posibilidade de recibir rendas, e os rendistas non poderán intervir no proceso de producción, e as explotacións permanecerán estancadas, pero os campesiños a cambio, si manterán os seus dereitos sobre as terras.
A partir de finais do XIX os campesiños lograrán pouco a pouco coas terras, culminando este proceso no 1926 “Lei de Redención de Foros”.
B- A INDUSTRIA
O esforzo industrializador en España foi temperán (primeiras décadas do XIX) pero os seus progresos foron tardíos xa que a comezos do s.XX España ocupa un posto moi por detrás dos países máis avanzados do mundo(Gran Bretaña, USA ou Francia), está moi atrasada a nivel industrial tamén se a comparamos con países que iniciaron a súa industrialización recentemente como Alemaña Suecia ou Xapón.
Os historiadores manteñen unha controversia a partir da observación deste atraso na industrialización en España:
q Uns como Nadal defende que a Revolución Industrial en España foi un fracaso, e falan de un proceso de industrialización no s. XIX seguido de outro proceso de desindustrialización ou desaceleración.
q Outros como Tortella falan dun proceso continuo de industrialización pero cuns niveis de crecemento pequenos ó longo do s. XIX( a longa infancia da industria española) e máis rápidos no XX,este comportamento e similar ó de Italia e Portugal, por iso fala do “Modelo Latino” de modernización.
Para explicar o ¿por que? Deste fracaso os historiadores falan de dous razóns:
q A limitada demanda de productos industriais levou ós gobernos a practicar unha política proteccionista polo que os empresarios, sentíndose seguros, non se preocuparon moito polas innovacións técnicas.
q A propia estructura da industria española, de pequeno tamaño, pouco productiva, escasamente competitiva e carente de mercados sobre todo dende 1898.
Sexa como sexa entre 1836 e 1923 presenta trazos de : Forte desequilibrio rexional,dependencia exterior no que se refire a equipamento,innovacións técnicas e investimentos de capitais, predominio das actividades extractivas, e proteccionismo a través dos aranceis para defendernos da competencia dos productos estranxeiro
B- 1- CARACTERÍSTICAS DA INDUSTRIALIZACIÓN ESPAÑOLA
Ø Enfrontamento entre liberalismo e proteccionismo e a súa incidencia en zonas e en productos. O proteccionismo dominará a economía española dende finais do s. XIX ata 1960, é denominado nacionalismo económico, ten como características as que seguen:
§ proteccionismo arancelario (aranceis de 1891,1906,1922)
§ recuperación de sectores económicos e valores na bolsa que estaban nas mans de estranxeiros
§ intervencionismo do Estado.
Ø Escaseza de materias primas (como o algodón) e de fontes de enerxía(carbón inglés e máis tarde electricidade e petróleo). Esto explica en parte que sexan sobre todo as zonas da periferia, as que están mellor comunicadas por mar, as primeiras en industrializarse(Cataluña, Asturias, País Vasco e Andalucía Occidental).
Ø Dependencia do exterior a nivel tecnolóxico(maquinas de fiar,tecer,locomotoras etc.)
Ø Escaseza de capitais e espírito empresarial en parte fomentado polo proteccionismo do estado.
Ø Dependencia de capitais estranxeiros que invirten no noso país en sectores onde os beneficios son máis inmediatos(ferrocarril ou minería) A veces, como no caso do ferrocarril, as compañías encargadas da realización do seu trazado so usan materiais e productos traídos dos seus propios países co cal a siderurxia española non se beneficiou nada.
Ø Mercado interior pouco desenvolvido.
Ø Grandes diferencias rexionais.
B-2 AS DIFERENCIAS REXIONAIS
Hai unha grande diversidade xeográfica na industrialización española:
CATALUÑA:
Será a principal zona industrial de España, destaca sobremaneira a súa industria téxtil. Xa existía unha tradición de industria téxtil dende o s. XVIII e unha burguesía catalana preocupada por protexer este sector. Dende finais do XVIII e principios do XIX introduciu o algodón(máquinas de fiar e tecer, e dende 1832 máquinas de vapor) con reinversións constantes de capitais. A maioría das fábricas están en torno a Barcelona. Creceu gracias a que tiña en exclusiva a venda de algodón no mercado interior, e ata 1898 o de Cuba, gracias a uns aranceis proteccionistas. A industria algodoeira terá dúas dificultades a carencia de recursos natuirais xa que non ten algodón e deberá importalo e tampouco ten carbón e a dificultade de competir no exterior.
Ademais destacan tamén a metalurxia de transformación(Maquinaria Terrestre e Marítima fundada no ano 1855 e Materiais para Ferrocarrís no 1881), a química,papeleira, editorial, e as relacionadas coa transformación de productos agrarios(cortiza-taponeira, cava etc..) Dende 1904 industria do automóbil Hispano Suiza
AS PROVINCIAS VASCAS:
O sector clave foi a siderurxia vinculada a explotación dos filóns de ferro existentes no País Vasco.Existía tradicionalmente o traballo da forxa, esto unido a abundancia e calidade do ferro da zona facilitou a industrialización. Exportaban mineral de ferro o que xeraba capitais á vez que importaban carbón de coque galés máis barato. Nesta rexión creouse a partir das décadas finais do XIX , co centro na ría de Bilbao, o maior foco siderúrxico de España. Entre 1880 e 1930 produce máis do 50% do ferro de España. A maior parte das empresas deste sector instálanse aquí, destacando Altos Hornos de Vizcaya. Outras industrias como as químicas Sociedade Española de Dinamita ou Unión Española de Explosivos, as de metalurxia de transformación coa fabricación de motores, material ferroviario e naval iniciadas no 1880 (“Asteleiros de Nervión” no 1888 Compañía Euskalduna de construcción e reparación de buques no 1900)
Dende os anos noventa a política arancelaria proteccionista favoreceu estas industrias.
ASTURIAS:
En Asturias o carbón explótase dende mediados do s. XIX (Mieres e La Felguera), posteriormente establecéronse Altos Fornos e metalurxias con aportacións de capital estranxeiro.O proceso industrializador ten graves dificultades:
- Escasa calidade do carbón.
- Minas moi soterradas.
- Carbón pouco competitivo.
- Aplicación de políticas proteccionistas que facilitan o crecemento da súa producción pero artificialmente.
ANDALUCÍA E LEVANTE
Iniciouse a industria pero non tivo continuidade por iso encamiñáronse máis cara á explotación agrícola.Entre 1830 e 1870 intentaron crear unha siderurxia propia(Málaga,Marbella e Sevilla), pero tiñan que depender da importación de carbón e fracasaron, a metade do s.XIX producían o 85% do ferro colado de España, pero a partir de aquí desenvólvense as industrias do Norte e acabaron arruinando o foco do Sur.
As industrias de extracción de minerais si que serán importantes(chumbo) pero non xeraron riqueza xa que serán explotadas por empresas estranxeiras como exemplo The Río Tinto Company. A industria téxtil destacou algo en Antequera ou Alcoi pero a seda de longa tradición en Granada, Murcia e Valencia pasou a concentrase en Cataluña.
GALICIA
A industrialización en Galicia é pobre. Os sectores artesanais como os curtidos,textís(o liño non resistiu a competencia do algodón)non moi importantes. Apareceu unha importante industria conserveira, de rápido crecemento nas décadas finais do XIX.Aplicáronse os métodos de Pasteur e Appert sobre a conservación hermética dos alimentos e a súa esterilización. A primeira fábrica de conservas estivo en Chapela e foi instalada polos irmáns Curbera, a partir da década dos oitenta se instalan as principais fábricas nas Rías Baixas Massó, Cerqueira, Albo e Alfageme.A sardiña será a base do proceso das conserveiras. Destaca tamén o sector naval cos estaleiros Barreras e Santo Domingo no Ferrol. Dende o 1900, foi importante a producción hidroeléctrica con instalacións a nivel local pola abundancia dos ríos. As necesidade da I Guerra Mundial permitiron explotar as minas de wolframio.
B-3- FASES DA INDUSTRIALIZACIÓN
Ata mediados do SXIX o crecemento foi lento cunha crise a finais de século como consecuencia da perda das colonias no 1898. A 1ª Guerra Mundial(1914-1919)fixo que se incrementara a exportación de manufacturas,isto produce un superávit na balanza comercial. Tras la guerra la Dictadura de Primo de Rivera leva a cabo una política proteccionista e nacionalista xa iniciada na segunda década do século.
Nos anos trinta a industria e máis os servicios fan que a agricultura baixe do 50% da poboación activa. Será unha época de modernización económica na que a repercusión da crise económica do 1929 será pequena, o que acabará con esta prosperidade e modernización será a “Guerra Civil”.
C- O FERROCARRIL E A FORMACIÓN DO MERCADO INTERIOR
A comezos do XIX as dificultades de comunicacións, agravadas polas condicións físicas e legais, facían que España estivera rexida por pequenos mercados locais e comerciais, que impiden o crecemento económico.A lexislación liberal aboliu as trabas legais( aranceis, unificación de pesos e medidas,liberdade de ventas) e buscou construír mellores vías de comunicación(ferrocarrís,estradas,portos.)
O ferrocarril non entrou ata mediados do s. XIX. No 1844 promúlganse as primeiras leis sobre construcción do ferrocarril, cunha anchura de vía 15cm maior cas de Europa, o que orixina problemas nas conexións internacionais.Os primeiros tramos foron no 1848 Barcelona-Mataró, Madrid-Aranxuez e Langreo- Gijón.
Os gobernos progresistas impulsaron o ferrocarril por consideralo símbolo do progreso e da modernización. A “Lei de Ferrocarrís do 1855” regula os apoios estatais, a concesión da rede e as caracterísrticas da mesma.
Para facilitar a construcción do ferrocarril o Estado garantiu ós investidores privados vantaxes e subvencións, o tempo que permitiu a importación de todo tipo de maquinaria e elementos mecánicos que viñan do estranxeiro. A súa financiación fíxose con recursos de tres tipos:
Ø Subvención estatal.
Ø Capitais de accionistas.
Ø Líquido das obrigacións emitidas polas propias compañías ferroviarias.
Ø A maioría do capital estranxeiro será francés (60% a finais do XIX)
A rede adoptou unha disposición radial (agás na zona do Ebro e na costa mediterránea) con centro en Madrid.
C-1- Fases
Na construcción do ferrocarril hai varias fases:
a) 1855-1876 Construcción rápida das principais vías. Xurden varias compañías coa esperanza de obter beneficios. O atraso xeral da economía fixo que os beneficios foran poucos e produciuse un parón na construcción.
b) 1877-1896 Hai un novo marco legal “O Plan Xeral de Ferrocarrís do 1877”, aportacións de capitais do Estado permitiron que a rede ferroviaria quedara case rematada ó finalizar o s. XIX. Hai unha concentración das compañías ferroviarias destacando Caminos de Hierro del Norte, Ferrocarriles de Madrid, Zaragoza y Alicante(MZA) e Ferrocarriles Andaluces.
c) 1896-1936 Continúa a liña anterior pero sen o pulo constructivo.
C-2 Ferrocarril e Progreso.
O ferrocarril foi un símbolo de progreso. As velocidades alcanzadas polas primeiras locomotoras son hoxe de risa pero nesas épocas eran de vértigo (Madrid a Barcelona 24 horas).
O papel do ferrocarril no desenvolvemento económico do país é obxecto de controversia de novo entre os historiadores.
Para uns foi considerable xa que:
· permitiu a comunicación interior e o transporte de mercadorías.
· Oferta de traballo para a construcción das vías.
· A repercusión na producción siderúrxica e metalúrxica foi menor debido as leis liberais de 1855.
Para outros, os efectos foron inferiores dos que se podían esperar debido á mala política estatal que permitiu a importación de material ferroviario con grave prexuízo para o desenvolvemento do sector siderúrxico e metalúrxico.
C-3 As estradas, as comunicacións marítimas.telégrafo,teléfono e correo
O longo do s.XIX as estradas foron malas e os sistemas de transporte terrestre eran dilixencias, moi lentas e inseguras. A lei de 1855 regulamentou como se debían construír. O estado foi encargado de construír as estradas aínda que de forma moi lenta(45 Km ó ano de media)Dende finais do XIX ata a década dos vinte duplicáronse o nº de Km, á vez que se xerarquiza a rede. Dende finais do XIX empezaron a circular automóbiles.
As comunicacións por mar melloraron coa mellora dos portos e a introducción dos barcos a vapor. Creáronse navieiras como Ibarra y CIA no 1885. A navegación aérea inicia a súa andanza a principios do XX.
O correo funciona con franqueo dende 1840, o telégrafo no 1830 e o teléfono dende 1877.
D- O SISTEMA BANCARIO E FINANCIEIRO
Os capitais que se moven nas finanzas españolas son de dous tipos:
· Capitais españois:
· Escasos. Proveñen da agricultura e das inversións coloniais americanas.
· Se invirten na compra de terras desamortizadas ou en Débeda Pública.
· Capital europeo: Financiou os inicios da industrialización española, en especial a creación do ferrocarril.
As necesidades de capital para os novos negocios industriais e comerciais, os ferrocarrís edificación de fábricas e o financiamento da administración levaron consigo o desenvolvemento e perfeccionamento do sistema bancario e financeiro. Os bancos, as sociedades de crédito e as sociedades por accións e a bolsa, convértense nos instrumentos necesarios para a captación do aforro privado e o financiamento dos investimentos. Na 1ª metade do s. XIX se sentaron as bases legais dos sistemas financeiro e bancario español. No 1869 créase a unidade de conta oficial ou moeda española: a peseta. A Bolsa de Madrid nace no 1831 e a de Barcelona no 1851, mentres as sociedades por accións proliferan nestas décadas.A constitución de bancos e sociedades financeiras foi regulada pola “Ley de Ordenamiento del sistema bancario” de 1856. De acordo con esta lei hai dous tipos de bancos:
Bancos de emisión(podían emitir billetes)
Sociedades de crédito (bancos de negocios non poden emitir billetes pero si poden participar en negocios)
Á cabeza da banca está o Banco de España(antes chamado de Isabel II herdeiro do de San Fernando e San Carlos).Entre 1856 e 1874 fundáronse moitos bancos dos que destaca o Crédito Mobiliario, o Banco de Santander e o Banco de Bilbao. A partir de 1874 só o banco de España emitirá billetes.O crecemento dos negocios e da industria durante a 1ª tercio do s. XX permitiu a fundación dos grandes bancos actuais: Hispanoamericano, Guipuzcoano e Vitoria no 1900, Español de Crédito no 1902, Urquijo no 1918, Central 1919, Popular no 1926 e Exterior no 1929. A estes hai que engadir as Caixas de Aforros, que naceron como institucións benéficas.
GALICIA
O peso da banca foi pequeno ata comezos do s.XX a pesar de existir tradición como José Pastor na Coruña, o Banco de La Coruña ou a Caixa de Aforros de La Coruña. A banca contemporánea galega xurde en relación coas actividades industriais e comerciais de Vigo e A Coruña, destacando O Banco de Vigo(1900) e o Banco Pastor(1925).