Explorar o glosario usando este índice

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

D

Défice

Situación económica na que os gastos superan os ingresos


Deflación

Caída persistente e continuada do nivel xeral de prezos dunha economía.

Podemos pensar que é unha situación positiva para os/as consumidores/as porque en xeral está todo máis barato, porén soe ter efectos perxudiciais para a Economía

Etiquetas:

Deflactar

Eliminar dos prezos os efectos da inflación


Demanda

cantidade de bens e servizos que os/as consumidores/as están dispostas a vender a un prezo determinado.


Depósitos bancarios

Operación bancaria na que unha entidade financeira custodia o diñeiro dos seus clientes durante un tempo determinado durante o que dita entidade dispoñerá del a cambio duns xuros


Depreciar

Caída do valor dunha moeda en termos doutra