Benvidxs á Aula virtual do IES de Curtis. Neste curso de 2º Bacharelato imos traballar os contidos de HISTORIA DE ESPAÑA. Para iso utilizaremos o manual de Baía Edicións combinado con audiovisuais, e diverso material complementario que vos achegarei ao longo deste Curso 2021/2022.

Estaremos moi pendentes das indicacións e achegas realizadas denda a CIUG de cara ás probas da ABAU 2022, das que vos irei informando puntualmente. 

Nestes meses que temos por diante imos facer un percorrido pola HISTORIA DE ESPAÑA. Comezaremos pola Prehistoria e remataremos no século XX (Idade Contemporánea). Entre todxs imos descubrir aspectos ben curiosos sobre a historia e o pasado do noso país. Por exemplo, sabías que: 
- No noso territorio tamén hai "henges" similares ao famoso Stonehenge?
- Na Coruña atópase o faro en funcionamento más antigo do mundo?
- Unha das parellas reais máis mediáticas da nosa historia foron os Reis Católicos?
- En tempos de Felipe II "non se poñía o sol no Imperio español"?
- A dinastía dos Borbóns chegou ao poder en España logo da Guerra de Sucesión?
- Un irmán de Napoleón Bonaparte foi rei de España?
- A primeira Constitución española é do 1812 e o seu alcume é "A Pepa"
- A "gripe española de 1918" non tivo a súa orixe en España?
- Os nazis levaron do noso territorio wolframio para blindar o seu armamento durante a II Guerra Mundial?
- Que a actual Constitución española cumpre 43 anos en decembro?
Descubriremos estas e outras moitas cousas máis ao longo deste curso. 
Preparadxs para aventura?...