En 1987 Herz observou que ao iluminar un metal con luz de determinada frecuencia podía emitir electróns, este fenómeno coñeceuse co nome de efecto fotoeléctrico. No caso do Zn se o iluminaba con luz visible tiña lugar o fenómeno ,mentres que con UV si.

En 1905 Einstein explica este fenómeno polo cal recibe o premio Nobel:

Explicación:

1. A luz está formada por partículas chamadas fotóns de enerxía E=hf

2. Un fotón ao incidir sobre o metal poderá arrincar un electrón se a súa enerxía é superior a un valor umbral ou traballo de extracción do electrón W0=hf0 se hf>hf0

3. Para fotóns de enerxía inferior o efecto non ten lugar por moi intensa que sexa a luz.

4. Canto máis intensa sexa a luz maior número de fotóns, se estes teñen a enerxía axeitada máis electróns poderán arrincar.

5. A diferenza entre a enerxía do fotón e o traballo de extracción hf-hf0 =Ec será a enerxía cinética do electrón saínte

hf=hf0+Ec

No seguinte enlace verás unha animación , manipulando as dúas actividades superiores podes comprobar o anterior.
Última modificación: martes, 13 de setembro de 2016, 10:37 AM