Section outline

    • Este curso os Encontros Virtuais na Zona USC terán lugar os días 13 e 14 de abril. Os mesmos teñen como obxectivo dar resposta para que o futuro estudante poida coñecer mellor as titulacións e servizos que oferta a USC. Están dirixidos moi especialmente ao estudantado de Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Superior e de 4º de ESO.



      Moitas das videoconferencias terán lugar en horario de mañá e algunhas tamén de tarde para facilitar a conexión do estudantado.

      Na páxina de acceso indicada, para cada estudo de Grao, haberá unha ligazón a unha videoconferencia, coa data e hora na que terá lugar, que estará atendida por profesorado do centro. O estudantado poderá facer as súas consultas intervindo na mesma ou, se o prefire, utilizando o chat. Non tendo que intervir necesariamente se non o desexa.



      Ademais das videoconferencias dos Graos poderán conectarse coa Oficina de Información Universitaria, o Servizo de Residencias, Proceso de Preinscrición e Matrícula nas Universidades de Galicia,...

    • Orientador@s de diferentes centros educativos públicos sinalados a continuación, creamos este blogue para poñer a disposición da comunidade educativa información sobre as diferentes opcións académicas e profesionais