I. Sabendo máis!
Se rematada a lección xa dominas perfectamente as fórmulas de saúdo SALVE - SALVETE e VALE - VALETE e queres ter "fondo de armario" para non teres que repetir sempre as mesmas palabras, lembra isto e segue estes consellos.
- Se tes dúbidas coas variacións das formulas de saúdo e despedida aprendidas, debes face de novo os COLLOQVIA 6-8. Non é preciso que domines todas as varientes, podes escoller unha, por exemplo, para a consolidares.
- O uso constante é a única maneira de reter dun modo duradeiro as expresións coloquiais. Así pois,
- Proba a utilizar as fórmulas de saúdo e despedida aprendidas en distintos contextos da túa vida: coas túas amigas / cos teus amigos, na casa coa túa familia, etc. Verás que non soamente é divertido, senón que tamén as persoas que te rodean irán aprendendo contigo.
- Proba a utilizalas nas túas redes sociais. Isto axudará a caracterizar o teu perfil nelas e espertar a curiosidade das persoas coas que interactúas.