10. Tarefas finais.

I. TAREFA

Duración:
00:25
Agrupamento:
2

Agora toca poñer en práctica todo o que sabedes. En grupos de dúas persoas, elabora, cando menos, dous diálogos, segundo o seguinte esquema:

  • Situación: dúas/dous amigas/os que se atopan pola rúa.
    • Personaxe A saúda.
    • Personaxe B saúda.
    • Personaxe A despídese.
    • Personaxe B despídese.
  • Diálogo 1.º.
    • Neste diálogo debedes utilizar as fórmulas básicas ou máis habituais. O que queremos é que todas e todos dominedes perfectamente estas frases elementais.
  • Diálogo 2.º.
    • Neste diálogo, seguindo o esquema, debedes escoller outras fórmulas menos habituais. O que queremos é que teñades "fondo de armario" para non utilizardes sempre as mesmas frases.

Os diálogos habédelos elaborar por escrito. Despois debedes memorizalos e facer dous breves vídeos, un por diálogo. 

Finalmente, veredes os vídeos de todos os grupos e decidiredes en conxunto cales son as/os compañeiras/os que mellor o fixeron, Tede en conta que o que debedes valorar máis é a naturalidade é a pronuncia!

II. TAREFA

Duración:
00:25
Agrupamento:
3

Agora toca poñer en práctica todo o que sabedes. En grupos de tres persoas, elaborade, cando menos, dous diálogos, segundo o seguinte esquema:

  • Situación: catro amigas/os que se atopan pola rúa.
    • Personaxe A saúda.
    • Personaxe B saúda.
    • Personaxe C saúda.
    • Personaxe A despídese.
    • Personaxe B despídese.
    • Personaxe C despídese.
  • Diálogo 1.º.
    • Neste diálogo debedes utilizar as fórmulas básicas ou máis habituais. Para que traballedes as fórmulas de saúdo e despedida para máis dunha persoa é necesario que cada un dos personaxes saude ao mesmo tempo aos outros dous. Así, por exemplo, o personaxe A dirá: "Ola, Pablo e Marco". O que queremos é que saibades moi ben as fórmulas básicas de saúdo.
  • Diálogo 2.º.
    • Neste diálogo, seguindo o esquema, debedes escoller outras fórmulas menos habituais. O que queremos é que teñades "fondo de armario" para non utilizardes sempre as mesmas frases.

Os diálogos habédelos elaborar por escrito. Despois debedes memorizalos e facer dous breves vídeos, un por diálogo. 

Finalmente, veredes os vídeos de todos os grupos e decidiredes en conxunto cales son as/os compañeiras/os que mellor o fixeron, Tede en conta que o que debedes valorar máis é a naturalidade é a pronuncia!

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova ventá)