Repositorios de textos

Introdución

Os repositorios de textos clásicos son aquelas páxinas da web dende as que temos acceso aos textos dos autores gregos e latinos. Hai moitos e variados repositorios deste tipo. Presentan a grande avantaxe de que os textos que utilizan son textos de dominio público, dado que, por razóns obvias, os dereitos de autor xa hai tempo que expiraron. Mais hai que ter en conta unha particularidade. Se ben os textos están libres dos dereitos de autor, todo o traballo dos editores (introdución, notas, comentarios e, sobre todo, o aparato crítico) si que está protexido por ese dereito de autor. Esa é a razón polo que normalmente os textos elixidos pertencen a edicións de finais do s. XIX ou principios do s. XX. Isto non afecta á calidade dos textos, dado que precisamente foi nesa época cando se produciron en masa as grandes edicións modernas dos textos clásicos.

Nos repositorios que imos citar, atoparedes citada a fonte do texto, que non é preciso que recollades, agás que esteades a tratar de problemas textuais, cousa que non é esperable no bacharelato. Si sería conveniente, en cambio, que citedes na bibliografía, por exemplo, o repositorio do que tomastes cada texto latino.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova ventá)