PERSEUS DIGITAL PROJECT

Breve descrición

O Perseus Digital Project é seica o grande repositorio de textos clásicos e outros materiais relacionados da rede. Ademais presenta repositorios de textos doutras linguas e culturas.

No caso que nos interesa, unha vez que se accede á biblioteca de autores gregos e latinos, presenta a grande avantaxe de que todos os termos dos textos están lemtatizados, isto é, basta con clicar sobre a palabra en cuestión para accedermos directamente ao dicionario e a explicación morfolóxica. Ademais, no lateral, podemos acceder a traducións en lingua inglesa.

Trátase dunha ferramenta moi potente, que soamente é recomendable na última parte de 2.º de bacharelato e como apoio. As edicións e traducións utilizadas pertencen ao dominio público e por tanto poden ser utilizadas. Como no caso anterior, se simplemente recolledes o texto latino non é preciso que citedes a edición orixnal, mais si que é conveniente que digades na bibliografía que os textos latinos están tomados do Perseus Digital Project.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova ventá)