Breve introdución
O programa Longis é accesible en rede e serve para unha cousa moi básica, marcar dun modo automático as cantidades das vogais latinas longas. O marcado da cantidade longa das vogais latinas é un dos aspectos máis salientables dos métodos modernos de aprendizaxe do latín e serve de grande axuda para a correcta acentuación das palabras dos textos. Mediante este programa poderedes crear os vosos textos e despois deixar que o programa marque de seu as cantidades. No caso de dúbida, o programa havos ofrecer distintas opcións para que vós escollades unha. En principio podedes deixar a configuración do programa por defecto. A información está en francés, mais un navegador como chrome, por exemplo, permítevos a tradución automática da páxina.