Breve descrición
Logeion é un motor de procura de termos latinos e gregos que ten a grande avantaxe de traballar sobre as bases de datos dos grandes e máis comúns dicionarios de latín e grego.
No que atinxe ao latín aquí terás acceso ao dicionario de Oxford editado por Lewis and Short, nas súas distintas versións, e máis ao Gaffiot. O primeiro é o dicionario de referencia en lingua inglesa o segundo en lingua francesa. Por suposto, se tes atranco con estas linguas terás que recorrer a tradutores en rede para pasares a información obtida á túa lingua de uso habitual.
Por suposto, se citas información destes dicionarios, terás que citar a fonte, que neste caso debe ser o do dicionario orixinal, non o de Logeion, se ben sería considerado facer referencia que foi este o medio de acceder á información.