Breve descrición
O dicionario en rede de Exidio Forcellini, lexicógrafo italiano que traballou durante o s. XVIII, é o mellor dos dicionarios latín - latín que se pode atopar e que probablemente existen na actualidade.
Este dicionario non é para o alumnado, agás para aqueles que combinen curiosidade por abordaren as dúbidas de léxico dende a propia lingua latina e un bo coñecemento dos contidos lingüísticos traballados en 2.º de bacharelato. Hai que salientar que en cada entrada incorpora a tradución ás grandes linguas europeas, mais claro, á lingua do s. XVIII!
Podedes citar e utilizar libremente o material contido neste dicionario, dado que xa é de dominio público, se ben debedes citar a fonte do que colledes a información, pois trátase dun traballo altruísta de Martin Holan, que gratis et amore, fixo o traballo ímprobo de pasar todo este material a formato dixital e poñelo á disposición da comunidade dun modo completamente gratuíto.