Breve descrición
O programa Collatinus, nas súas dúas versións, en rede e para ordenador, é esa perla que todo estudante de latín quixer ter cando comeza a traballar con esta lingua. Este fantástico programa permite lematizar o vocabulario dun texto, isto é, en síntese, que o programa nos faga automaticamente a análise morfolóxica e que nos dea o significado das palabras. De novo outra ferramenta que fai que o dicionario tradicional estea de máis nos nosos andeis.