Breve descrición
A Bibliotheca Augustana é un repositorio de libros electrónicos en distintas linguas, que inclúe as correspondentes seccións latinas e gregas. A lingua de uso da páxina é o latín. Cando facemos procuras podemos facelas por autor ou ben por séculos. En tanto que este repositorio se nutre de textos en dominio público, o número de obras dispoñibles de cada autor é dispar. Hai que ter certo coidado, dado que aínda que se citan todas as obras, soamente son accesibles aquelas das cales a ligazón está activada. Por outra banda, nesta páxina recóllense todos os autores latinos dende as primeiras testemuñas literarias á actualidade, polo que o índice de autores non estrutarado por épocas pode ser un poco confuso.
Como todos os repositorios anteriores é de acceso e uso gratuíto. É conveniente que, se tomades os textos latinos deste repositorio, o citedes como fonte de orixe na bibliografía.