Skip to main content
AV
  • Home
  • Calendar
  • More
English ‎(en)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Galego ‎(gl)‎
You are currently using guest access
Log in
AV
Home Calendar
Expand all Collapse all
  1. Dashboard
  2. FiloRede
  3. Topic 2
  4. Sobre a empatía

Sobre a empatía

Completion requirements
Na materia de Educación para a Cidadanía eu utilizo como texto base a novela de Lipman Lisa, que ten moitos aspectos emocionais que dan moito xogo na aula. 
No primeiro episodio hai unha escea na que Lisa sae a dar unha volta e atópase cun veciño que está paseando co seu ca. Nun  momento dado, este veciño golpea ao can cunha vara porque non lle obedece, e Lisa intervén collendo o pau co que está a golpear ao can. O veciño lle di que por que se mete niso, e ela responde: "eu tamén son un can". 
Cando reconstruímos o episodio, algúns rapaces destacan esta intervención de Lisa. Cando pregunto por que di que ela é un can, hai respostas variopintas, aínda que, en xeral, acertan ao sinalar que o di porque se pon no lugar do can. Aquí é cando falamos da empatía.
Un recurso que utilizo é un fragmento da fermosa película de Kim-Ki-Duk,Primavera, Verano, Otoño, Invierno...y Primavera. Penso que fun quen de subilo. As imaxes son ben elocuentes, e suscitan diálogos ben interesantes.


You are currently using guest access (Log in)
Data retention summary
Policies
Get the mobile app
Powered by Moodle