A materia de Historia da Filosofía ten como obxectivo principal ofrecer unha visión xeral da evolución do pensamento filosófico occidental, dende a Antigüidade ata a contemporaneidade. Afondaremos en como os filósofos e filósofas abordaron as grandes preguntas sobre a realidade, o coñecemento, a ética, a política ou o sentido da existencia, sempre en diálogo co seu contexto histórico. 

O curso céntrase na análise das ideas principais de pensadores/as chave, como Platón, Aristóteles, Descartes, Kant, Marx, Nietzsche, Arendt ou Beauvoir. A través da lectura e comentario de textos filosóficos, búscase desenvolver o pensamento crítico, a capacidade de argumentación e a reflexión persoal do alumnado.