O módulo de IPE 1 proporcionarache formación para ser quen de identificar as túas competencias, intereses e habilidades profesionais, que faciliten o teu acceso ao mercado laboral e melloren a túa empregabilidade, tanto para obter o teu primeiro emprego como para optimizar a túa situación laboral actual. Ademais, neste módulo afondaremos no coñecemento dos teus dereitos e deberes laborais, abarcando a xestión do teu contrato de traballo, salario, xornada laboral, vacacións, despedimentos e outros aspectos regulados pola normativa laboral e o convenio colectivo do sector, co fin de que poidas tomar decisións informadas e xestionar o teu desenvolvemento profesional de maneira segura e sostible.