GUION DE PRÁCTICAS DE LABORATORIO

Unha práctica de laboratorio debe ter as seguintes partes:

  1. Portada con Título

  2. Obxectivo: que se persegue coa práctica. Exemplo: medir o valor de g, a aceleración da gravidade, por métodos indirectos.

  3. Fundamento teórico: explicación breve do fenómeno físico ou químico que está a acontecer na práctica. 

  4. Materiais e reactivos: lista de materiais e reactivos utilizados.

  5. Procedemento: breve descrición de como se levou a cabo a práctica.

  6. Resultados: presentación dos resultados en forma de medidas, táboas, gráficas, fórmulas e cálculos.

  7. Análise e conclusión. Pequena análise sobre o resultado da práctica

Modifié le: jeudi 29 janvier 2026, 12:13