COMO FACER UN GUIÓN DE PRÁCTICAS
Requisitos de finalización
GUION DE PRÁCTICAS DE LABORATORIO
Unha práctica de laboratorio debe ter as seguintes partes:
-
Portada con Título
-
Obxectivo: que se persegue coa práctica. Exemplo: medir o valor de g, a aceleración da gravidade, por métodos indirectos.
-
Fundamento teórico: explicación breve do fenómeno físico ou químico que está a acontecer na práctica.
-
Materiais e reactivos: lista de materiais e reactivos utilizados.
-
Procedemento: breve descrición de como se levou a cabo a práctica.
-
Resultados: presentación dos resultados en forma de medidas, táboas, gráficas, fórmulas e cálculos.
- Análise e conclusión. Pequena análise sobre o resultado da práctica
Última modificación: jueves, 29 de enero de 2026, 12:13