|
O profesorado, no desenvolvemento da programación educativa, pode dispoñer a realización de exercicios que impliquen a gravación de imaxes, que só deberán estar accesibles para o alumnado participante na actividade, os seus pais, nais ou titores/as legais e o profesorado correspondente. En ningún caso o mero feito de realizar a gravación supón que esta se poida difundir de forma aberta na Internet e que se poida acceder a ela de maneira indiscriminada.
No caso de gravacións que non respondan estritamente á devandita función educativa ou orientadora, como por exemplo, cando se capten para a difusión do centro e das súas actividades, deberase dispoñer do consentimento informado das persoas interesadas (cando estas teñan máis de 14 anos) ou dos seus pais, nais ou titores/as legais para publicar as imaxes en aberto.
Dende https://www.edu.xunta.gal/portal/protecciondatos é posible descargar o modelo adecuado de consentimento para estes casos.
Tamén se podería levar a cabo a difusión de imaxes sen necesidade de recoller o consentimento se se fai de maneira que non se poida identificar ás persoas interesadas, por exemplo, captando imaxes de costas ou pixelando as imaxes.
Con todo, aínda contando co correspondente consentimento, é necesario ter en conta as seguintes CAUTELAS:
|