Actividades.
1. Explica que son o coñecemento sensible e o coñecemento intelixible.
2. Fai un esquema no que expliques que son o Racionalismo e o Empirismo e no que aparezan os principais representantes dos mesmos.
3. Define sensación e explica as súas características.
4.Explica o o proceso psicofísico da sensación.
5. Explica que é a percepción e pon algún exemplo de lei perceptiva estudiada pola Gestalt.
6. Explica a diferencia entre conciencia directa e conciencia reflexa.
7.Fai un esquema cronolóxico coas diferentes fases de desenvolvemento da intelixencia que diferenciou Piaget, indicando as características de cada unha delas.
8. Define o pensamento abstracto.
9. Explica que son os conceptos, como se forman e cales son as súas características.
10. Explica que son os xuízos e a clasificación dos mesmos segundo o seu valor de verdade e segundo a súa relación coa experiencia.
11. Explica os diferentes tipos de razoamentos.
12. Explica as diferenters teorías ou interpretacións filosóficas da verdade.
13. Explica as distintas teorías sobre o valor da verdade.
A actividade aínda non está lista
Por favor, volva máis tarde.