Psicoloxía
Section outline
-
-
1. Explica cales foron as principais aportacións de Wundt á creación da Psicoloxía científica no século XIX.
2. Fai un esquema coas característicad fundamentais e os representantes das primeiras escolas de Psicoloxía científica.
3. Explica a teoría da Psicoanálise de Freud.
4. Explica que di a teoría conductista de Watson e Skinner.
5. Explica que di a tería da Psicoloxía humanista de C. Rogers.
6. Explica os aspectos fundamentais da Psicoloxía cognitiva.
7. Explica os obxectivos fundamentais da Psicoloxía científica.
-
Ola a todas. Imos empezar cun novo tema, neste caso os fundamentos biolóxicos da conduta, que se centra nas funcións e organización do sistema nervioso (px 31 a 40). Imos traballar esta información a través dun mapa conceptual seguindo o esquema que xa empregamos para construír o que fixemos sobre os métodos da Psicoloxía científica. Previamente, deberíades ler a información que ven nas tres páxinas anteriores (as primeiras do tema) na que aparecen unhas reflexións sobre a Psicobioloxía na que repasaredes cousas do ano pasado e tamén se fala da relación entre xenética e conduta (lembrade o que traballamos o ano pasado sobre xenética condutual para explicar a nosa esencia ou natureza como seres humanos).
-
Ola a todas e todos. Imos empezar un novo tema, a percepción, no que ides ver que aparecerán bastantes contidos do curso pasado, aínda que ampliados e un pouco máis complexos.
Déixovos aquí un enlace onde aparece o famoso neurocientífico David Eagleman falando dos nosos sentidos. Espero que vos guste.
-
Ola a todos e todas. Imos empezar un novo tema, pertencente xa á segunda avaliación, a aprendizaxe. Para traballar imos empregar un blog sobre as diferentes teorías da aprendizaxe e un artigo académico. O blog é sinxelo e presenta a información estruturada en diferentes teorías da aprendizaxe, coas súas vantaxes, inconvintes e comparacións entre os diferentes enfoques sobre o tema. O texto académico é un complemento que pode axudar a entender mellor algúns conceptos e a afondar noutros.
-
Ola a todas e todos. Imos empezar un novo tema, a memoria. Déixovos aquí un enlace con cousas curiosas sobre a nosa memoria, que "falla" máis do que parece.
https://psicologiaymente.com/inteligencia/como-funciona-memoria-humana
-
Imos traballar as perspectivas actuais sobre intelixencia co seguinte vídeo.
https://www.youtube.com/watch?v=TV4nDYqnAEY
Unha vez visionado, tendes que contestar ás seguintes actividades:
1. Explica de que se ocupa a paleoneuroloxía? Por que é unha ciencia "complicada"? Que estuda para sacar as súas conclusións?
2. Quen eran os alienistas e que analizaban? Que pensaba Binet deles? Que lle encarga o goberno francés a Binet?
3. Que di Richard Haier acerca do funcionamento das diferentees áreas do cerebro?
4. Que estuda Olivier Houde? A que conclusións chegou?
5. Explica como afecta a contaminación á nosa intelixencia?
6. Explica que defende Rex Jung acerca da relación entre intelixencia e creatividade?
7. Que é a neuroeficacia?
8. Que papel xoga en ela a inhibición? en que consiste?
9. En que consiste a intelixencia para Schovanec?
10. Que sería paraz ti ser intelixente unha vez que xa reflexionaches sobre o que viches no documental?
-
Ola a todas e todos. Imos empezar a estudar o que se entende por personalidade e os seus transtornos. Empezaremos por ver un vídeo onde se prantexa unha visión crítica dos mesmos, así como o papel que xoga a industria farmacéutica na "aparición" de moitos dos transtornos recentes, e tamén no seu diagnóstico e terapias correspondentes.
-
Imos empezar un novo tema, centrado nas aportacións dunhadas ramas da Psicoloxía científica, a Psicoloxía Social. Empezaremos por ver dous experimentos famososdentro do campo de investigacióndesta disciplina.