Section outline

  • Ola a todas. Imos empezar cun novo tema, neste caso os fundamentos biolóxicos da conduta, que se centra nas funcións e organización do sistema nervioso (px 31 a 40). Imos traballar esta información a través dun mapa conceptual seguindo o esquema que xa empregamos para construír o que fixemos sobre os métodos da Psicoloxía científica. Previamente, deberíades ler a información que ven nas tres páxinas anteriores (as primeiras do tema) na que aparecen unhas reflexións sobre a Psicobioloxía na que repasaredes cousas do ano pasado e tamén se fala da relación entre xenética e conduta (lembrade o que traballamos o ano pasado sobre xenética condutual para explicar a nosa esencia ou natureza como seres humanos).