Ola bó día a todos, espero que esteades BEN e a traballar moito.
O que vos mando esta semana é para repasar os artigos definidos e indefinidos.O prazo para facelos sería esta semana do 30 ao 3 de avril e a semana do 13 ao17 (nas vacacións descansaremos) O venres 24 sí que vos enviarei unha pequena proba da que teredes 30 minutospara facer e enviarmo. Nos vos preocupedes xa volo recordarei.
Por favor primeiro mirade o vídeo e despois facede as actividades que mas debedes mandar sempre nas datas que figuren .
Se continuamos confinados despois das vacacións de semana santa posiblemente (aínda non o sabemos) sí que comenzaremos con cousas novas que probablemente xa serán avaliables.Así que por favor facede todo isto que vos mando para repasar porque é moi IMPORTANTE,
Ola a todos de novo , espero que esteades ben e con ganas de traballar un pouquiño.Recordade que o venres 24 enviarei un pequeno exercicio que teredes que facer en 30' e enviarmo. Soamente tedes que repasar os números ata o 80, os artigos definidos ( le, la ,l', les) e os artigos indefinidos (un, une , des) .Farémolo en edixgal e comenzaremos as 11 horas.
ola a todos , espero que sigades ben e traballando.
Recordade que este venres 24 de abril faremos un pequeno traballo.O enviarei por Edixgal e tamén pola aula virtual as 11 horas e teredes 30' para facelo.
Tedes que repasar:
1.) Os artigos definidos(le, la , l', les ) , os artigos indefinidos (un, une, des) e os números ata o 80.
Vai ser moi faciliño así que por favor repasade un pouquiño.
Ola a todos , esta semana imos traballar o cahier de exercicios .Na páxina 36 imos facer os exercicios 1 , 3 e o 4 .No exercicio 1 tedes que colocar cada un dos verbos que aparecen no recadro da dereita no seu lugar , buscade as palabras que non entendades no diccionario.NO exercicio 3 , tedes que sumar os números que vos aparecen escritos e por o resultado. No exercicio 4 tedes que poñer as frases en negativo ( recordade que tedes que localizar o verbo e poñer antes do verbo "ne" e despois do verbo "pas"),
IMPORTANTE ENTREGAR ESTES EXERCICIOS ANTES DO VENRES 15.
Para os que non tendes o cahier na casa deixo unha captura de pantalla que podedes ampliar perfectamente.
Seguimos repasando os membros da familia.Primeiro faremos unha lectura e soamente temos que contestar verdadeiro ou falso.
Depois faredes o crucigrama , clicando enriba de cada número vos aparece a definición e tedes que saber a qué membro da familia se refire para escribilo no crucigrama.
Ola a todos , esta semana imos repasar os días da semana e os meses do ano con dous crucigramas e faremos tamén un xogo interactivo onde Philippe se présenta e escoitando cada audio temos que buscar a imaxe correspondente.
Ola todos! primeiro quero felicitarvos por todo o traballo que fixestes durante todos estes días de parón forzoso. Sei que non foi fácil en moitas ocasións pero o fixestes moi,moi ben.
Ésta será a derradeira tarefa que faremos así que espero de vos o derraderio esforzo , que veredes recompensado por suposto.
Estiven encantada de ser a vosa profe durante este curso, no que espero que aprendérades algo de francés.