Accede á demo para ver os diferentes tipos de preguntas. Na demo só hai 8 preguntas, na proba serán 12. Realízaa as veces que consideres para familiarizarte con ela:
Vídeo no que se explican as características da proba:
O usuario será o teu DNI/NIE
Haberá unha primeira contrasinal común que che será facilitada en clase
Aparecerá unha pantalla na que poderás escoller o idioma (galego ou castelán); é importante que o selecciones nese momento pois logo xa non se pode mudar
O profesor ou profesora vixilante facilitará un PIN, tamén común, para poder iniciar a proba
Haberá 12 preguntas que debes respostar nun tempo máximo de 20 minutos
Cada proba será diferente
As preguntas erradas NON DESCONTAN, así que é recomendable que contestes a todas
Para superar a proba debes ter ben contestadas un mínimo do 60%, é dicir, 8 preguntas
Cada pantalla conterá unha única pregunta, hai que darlle a GARDAR cada vez que se contesta
Podes respondelas na orde que queiras, iso si, lembra que é importante completalas todas
Unha vez contestadas todas as preguntas, podes revisar as respostas antes de entregar todo