ACTIVIDADE 6: Climograma.

1.- Obxectivos

  1. Utilización de follas de cálculo informáticas.

  2. Elaboración, interpretación e análise de climogramas.

2.- Procedemento:

  1. Utilízanse os datos publicados na web de meteogalicia para a estación meteorolóxica do IES Carlos CasaresVigo durante ano 2025 que se copian a unha folla de cálculo informática.

  2. A partir dos datos de temperatura media e precipitación medias mensual dunha localidade, pedímoslles aos escolares que fagan un climograma.

  3. No eixe vertical da esquerda colócase a escala de precipitacións en L/m2 e no da dereita a escala de temperaturas en graos centígrados.

3.- Observacións e conclusións:

  1.  Non podemos observar cando ten lugar a temperatura media máxima por faltar os datos dos meses de veran  e a temperatura media mínima prodúcese no mes de xaneiro.

  2. Determínase a amplitude térmica anual, 7,8 ºC, a temperatura media anual, 12,76 ºC e a chuvia total anual, 1333,20 L/m2 que se poden asociar cun tipo de clima oceánico. ( hai que ter en conta que estes datos non teñen en conta os meses de veran)

EM CC 2025 tabla

EM CC 2025 grafica

Última modificación: martes, 5 de maio de 2026, 1:34 PM