ACTIVIDADE 8: climograma.

1.- Obxectivos: 

a. Utilización de follas de cálculo informáticas.

b. Elaboración, interpretación e análise de climogramas.

 2.- Procedemento: 

a. Utilízanse os datos publicados na web de meteogalicia para a estación meteorolóxica de Cariño  durante ano 2025 que se copian a unha folla de cálculo informática. 

b. A partir dos datos de temperatura media e precipitación medias mensual dunha localidade, pedímoslles aos escolares que fagan un climograma. 

c. No eixe vertical da esquerda colócase a escala de precipitacións en L/m2 e no da dereita a escala de temperaturas en graos centígrados.

 3.- Observacións e conclusións: 

a. Non podemos observar cando ten lugar a temperatura media máxima e no mes de agosto e a temperatura media mínima prodúcese no mes de decembro. 

b. Determínase a amplitude térmica anual, 9,04 ºC, a temperatura media anual, 15  ºC e a chuvia total anual, 1391,5 L/m2. Estes datos corresponden on clima oceánico 

EM Carino 2025 tabla

EM Carino 2025 grafica

Última modificación: luns, 4 de maio de 2026, 12:42 PM