Climograma da EM de Ourense
ACTIVIDADE 4: Climograma.
1.- Obxectivos
-
Utilización de follas de cálculo informáticas.
-
Elaboración, interpretación e análise de climogramas.
2.- Procedemento:
-
Utilízanse os datos publicados na web de meteogalicia para a estación meteorolóxica de Ourense durante ano 2025 que se copian a unha folla de cálculo informática.
-
A partir dos datos de temperatura media e precipitación medias mensual dunha localidade, pedímoslles aos escolares que fagan un climograma.
-
No eixe vertical da esquerda colócase a escala de precipitacións en L/m2 e no da dereita a escala de temperaturas en graos centígrados.
3.- Observacións e conclusións:
a. Obsérvase que a temperatura media máxima ten lugar no mes de Xullo e a temperatura media mínima prodúcese no mes de decembro.
b. Determínase a amplitude térmica anual, 16,78ºC, temperatura media anual, 16,39 ºC e a chuvia total anual, 897,8 L/m2 que se poden asociar cun tipo de clima oceánico. 897,8 L/m2

