ACTIVIDADE 3: Climograma.

1.- Obxectivos

  1. Utilización de follas de cálculo informáticas.

  2. Elaboración, interpretación e análise de climogramas.

2.- Procedemento:

  1. Utilízanse os datos publicados na web de meteogalicia para a estación meteorolóxica de Guitiriz durante ano 2025 que se copian a unha folla de cálculo informática.

  2. A partir dos datos de temperatura media e precipitación medias mensual dunha localidade, pedímoslles aos escolares que fagan un climograma.

  3. No eixe vertical da esquerda colócase a escala de precipitacións en L/m2 e no da dereita a escala de temperaturas en graos centígrados.

3.- Observacións e conclusións:

  1. Obsérvase que a temperatura media máxima ten lugar nos meses de  xullo e agosto e a temperatura media mínima prodúcese no mes de decembro. Determínase a amplitude térmica anual, 13.05 ºC, a temperatura media anual, 12,49 ºC e a chuvia total anual, 1.474 L/mque se poden asociar cun tipo de clima oceánico. (1.474 L/m)

EM Guitiriz 2025 tabla

EM Guitiriz 2025 grafica

Última modificación: luns, 4 de maio de 2026, 12:56 PM