ACTIVIDADE 2: Climograma.

1.- Obxectivos

  1. Utilización de follas de cálculo informáticas.

  2. Elaboración, interpretación e análise de climogramas.

2.- Procedemento:

  1. Utilízanse os datos publicados na web de meteogalicia para a estación meteorolóxica de Santiago de Compostela-EOAS durante ano 2025 que se copian a unha folla de cálculo informática.

  2. A partir dos datos de temperatura media e precipitación medias mensual dunha localidade, pedímoslles aos escolares que fagan un climograma.

  3. No eixe vertical da esquerda colócase a escala de precipitacións en L/m2 e no da dereita a escala de temperaturas en graos centígrados.

3.- Observacións e conclusións:

  1. Obsérvase que a temperatura media máxima ten lugar no mes de xullo e a temperatura media mínima prodúcese no mes de decembro.

  2. Determínase a amplitude térmica anual, 12,8 ºCº a temperatura media anual, 14,75 ºC e a chuvia total anual, 1919,8 L/m2 que se poden asociar cun tipo de clima oceánico.

EM Santiago 2025 tabla

EM Santiago 2025 grafica

Última modificación: luns, 4 de maio de 2026, 12:55 PM