Todas as partes dunha figura musical afectan á súa duración. A
cabeza dunha figura pode estar pintada (de negro) ou non. A figura
tamén pode ter ou non ter plica, corchetes, barras que conecten unhas
figuras con outras, ou un ou máis puntiños ao lado da cabeza.
Todas estas cousas afectan ao tempo que unha figura musical dura.
DURACIÓN DAS FIGURAS MUSICAIS
Coas figuras musicais podemos saber canto dura cada son ou nota musical.
REDONDA (4 pulsos)
BRANCA (2 pulsos)
NEGRA
(1 pulso)
CORHEA (1/2 pulso)
SEMICORCHEA (1/4 pulso)
Dúas ou máis corcheas ou semicorcheas poden ir unidas:
4 corcheas unidas
4 semicorcheas unidas
Bota unha ollada:
SILENCIOS
A música non só consiste en sons, tamén inclúe silencios.
Así como sabemos o que dura cada son coas figuras, tamén podemos saber canto dura cada silencio.
Cada símbolo de silencio correspóndese cunha figura musical concreta.