![]() |
| TONALIDADE |
A Tonalidade dunha canción ven dada pola Armadura, situada xusto despois da clave e antes do compás ao principio do pentagrama.
A Armadura pode ter un ou varios sostidos ou bemois. Os símbolos que aparecen na Armadura dependen da escala coa que a canción foi composta. A Clave e a Armadura son os únicos símbolos que aparecen sempre en todos os pentagramas dunha canción.
Aparecen en todos os pentagramas porque son símbolos moi importantes; a clave indícannos que nota é cada liña e espazo do pentagrama (do, re, mi...), e a armadura indícanos se as notas levan sostido ou bemol. ![]() |