As dinámicas refírense ao volume coa que soa unha nota. Os SIGNOS DE DINÁMICA indican se tocar forte ou suave. Para acadar diferentes volumes podemos empregar estes símbolos:

ARTICULACIÓN
A Articulación indícanos cómo separar as notas. En
teoría todas as notas dentro dun compás súmanse a un son continuo, pero
na realidade existen pequenos espazos entre cada nota.
Se ao tocar esaxeramos os espazos, as notas fanse máis curtas e obtemos o efecto staccato. O Staccato está marcado cun punto enriba ou debaixo da cabeza da nota.

Se suavizamos os espazos e non facemos cortes entre as notas, temos unha ligadura de expresión.
A ligadura de expresión márcase cunha liña curva que une diferentes notas.

|