listen


RAÍCES DA MÚSICA POPULAR

A música popular é toda a música  que pertence a calquera dos estilos musicais que son  de consumo popular e de masas. Ten unha ampla distribución comercial.
É a música
que forma parte da
cultura popular.

SÉCULO XIX
RAÍCES



As orixes da música popular remóntanse ao comezo do século XVI, cando os europeos, despois de descubrir América, establécense e colonízana.
Para extraer os recursos naturais deste novo mundo, importaron escravos africanos
despois de case rematar coa poboación indíxena americana.
Ambos, europeos e africanos, chegaron a América coas súas tradicións musicais.
Importaron de Europa: bailes de salón, música clásica e marchas militares.
De África cancións e danzas tribais.
Ao longo dos próximos catro séculos, as tradicións musicais europeas e africanas evolucionaron nas mans de escravos africanos, para crear o século XIX dous tipos de música estadounidense:

1.- EVOLUCIÓN DA MÚSICA EUROPEA
Os afroameriacos, imitando co piano as bandas de marcha e adaptando os ritomos africanos sincopados, crearon o RAGTIME.  
2.- EVOLUCIÓN MÚSICA AFRICANA
As tradicións musicais africanas, naixo o dominio da cultura europea, resultaron en:
ESPIRITUAL: canción relixiosa

CANCIÓN DE TRABALLO: cancións que os escravos cantaban mentras traballaban.

BLUES: canción se lamento, que expresaba os seis problemas, acompañada por instrumentos.

  A inicios do século XX, nos suburbios de Nova Orleans, misturáronse 2 estilos musicais:
- os ritmos sincopados do ragtime
- as notas, a estructura e o sentimento do blues
e como resultado naceu o JAZZ .
Jazz é a raíz máis importante da música popular moderna, o "Avó".

RAGTIME
BLUES
JAZZ