listen


NEOCLASICISMO

 O Neoclasicismo foi unha tendencia dominante na música no período entre as dúas Guerras Mundiais.
Foi unha reacción contra o sentimentalismo esaxerado de romanticismo tardío, así como unha "chamada á orde", tras a efervescencia experimental das dúas primeiras das décadas do século XX


A música neoclásica inspirouse na música do século XVIII, aínda que o canon seguido a miúdo pertencía ao Barroco e incluso a períodos anteriores (énfase no ritmo e na textura contrapuntística, harmonía tonal expandida, e unha concentración en música absoluta en oposición á música programática romántica).

Houbo distintas "escolas" de neoclasicismo, asociadas con Igor Stravinsky, Paul Hindemith, e Arnold Schoenberg.
IGOR STRAVINSKY
 
PAUL HINDEMITH

ARNOLD SCHOENBERG