listen

EXPRESIONISMO

O termo expresionismo foi, probablemente, aplicado por primeira vez na música en 1918, con Arnold Schoenberg, sobre todo porque, como o pintor Wassily Kandinsky evitabaas formas tradicionais de beleza para transmitir sentimentospoderosos na súa música.


A Música
expresionista elimina os elementos convencionais da música tradicional.

As tres figuras principais do expresionismo musical son Arnold Schoenberg e os seus alumnos, Anton Webern e Alban Berg, a chamada Segunda Escola de Viena. *

SERIALISMO
  En música, o serialismo é un método ou técnica de composición que utiliza unha serie de valores para manexar diferentes elementos musicais.
O serialismo comezou coa técnica dodecafónica (dodecafonismo) de Arnold Schoenberg, aínda que os seus contemporáneos tamén estaban a traballar para establecer serialismo como un exemplo de pensamento post-tonal (atonalidade). Outros tipos de serialismo tamén traballan con conxuntos, coleccións de obxectos, pero non necesariamente cunha serie de orde fixa, e estenden a técnica a outras dimensións musicais (moitas veces chamados "parámetros"): a duración, dinámica e o timbre.


DODECAFONISMO
O Dodecafonismo, é un método de composición musical desenvolto polo compositor austríaco Arnold Schoenberg.
A técnica é un medio de garantir que todas as 12 notas da escala cromática soen todas por igual nunha peza de música. As 12 notas teñenen a mesma importancia, evitando que a música esté composta nunha determinada tonalidade.
A técnica foi influente no compositores a mediados do século XX.
             
ARNOLD SCHOENBERG
ANTON WEBERN

ALBAN BERG


* J. Haydn, W.A. Mozart e L.v.Beethoven foron a Primeira Escola de VIena durante o Clasicismo.