![]() |
![]() |
MÚSICA ELECTRÓNICA
|
| Os avances tecnolóxicos no século XX permitiron ós compositores utilizar medios electrónicos para producir sons. A principios dos anos 40 desenvolveuse en Francia a música concreta, unha escola que producía sons existentes no mundo. Chamouse concreta porque, segundo o seu inventor, Pierre Schaeffer, está producida por obxetos concretos e non polos abstractos que serían los instrumentos musicais tradicionais. A música concreta era producida editando conxuntamente sons naturais e industriais (coma os ruídos dos trens, por exemplo). Ademáis dos sons derivados de instrumentos musicais ou voces, tamén se usaban sintetizadores electrónicos ou sons gravados da natureza.Os anos seguintes á 2ª Guerra Mundial, algúns compositores adoptaron para as súas composcións os avances electrónicos: Edgard Varèse, Karlheinz Stockhausen, Pierre Boulez, and Iannis Xenakis. A música electrónica estaba case asociada exclusivamente á música clásica occidental, pero a partir de finais dos anos 1960 a accesibilidade de tecnoloxía musical fixo que a música producida por vía electrónica fose cada vez máis común na música popular. Hoxe a música electrónica abarca moitos estilos musicais, dende a música experimental ás formas máis populares como dance. ![]() En xeral, o termo Live PA
refírese a calquer actuación de música electónica, ven sexa con
ordenador potátil, con sintetizadores ou con calquer outro aparello Os avances informáticos e de software musical democratizaron a creación musical, permitindo un aumento masivo de producións-caseiras de música electrónica ao alcance de todo o público vía internet. ![]() |