music
listen
rESTILO MUSICAL

CARACTERÍSTICAS PRINCIPAIS
As características atribuídas ao Romanticismo, incluíndo romanticismo musical son:
- Nova preocupación pola Natureza.
- Fascinación co pasado, sobre todo pola Idade Media e as lendas de cabalería medieval
l.
- Interese polo místico e sobrenatural.
- Misteriosas connotacións de afastamento, do inusitado e fabuloso, do estraño e sorprendente.
- Céntrase no nocturno, o fantasmagórico, o terrible e terrorífico.
- Vivencias fantásticas e experiencias espirituais.
- Dáselle importancia á identidade nacional.
- Énfase no extremo subxectivismo.
- Interese polo autobiográfico.
- Descontento coas convencións
musicais.

NACIONALISMO MUSICAL
O Nacionalismo musical refírese ao uso de motivos ou ideas musicais que son identificados cun determinado país, rexión ou etnia, tales com cancións e melodías folclóricas, ritmos e harmonías inspiradas por elas.
Como un movemento musical, o nacionalismo xurdiu no inicio do século XIX en conexión cos movementos de independencia política, caracterizouse por unha énfase en elementos musicais nacionais: uso de cancións folclóricas, danzas folclóricas ou ritmos, ou sobre a adopción de temas nacionalistas para óperas, poemas sinfónicos ou outras formas de música.
Os países ou rexións máis comunmente asociada ao nacionalismo musical inclúen a Rusia (Os Cinco), Checoslovaquia (Bredich Smetana), Polonia (Frederic Chopin), Hungría (Bela Bartok), Finlandia (Jean Sibelius), Noruega (Edward Grieg), España (Manuel de Falla), Reino Unido (Edward Elgar), Latinoamérica (Carlos Chávez) e Estados Unidos (Aaron Copland
).
go