![]() |
![]() |
FORMAS MUSICAIS |
|
MÚSICA VOCAL |
ÓPERA
![]() |
A ópera tende a relaxarse, rompe ou mestura os procedementos establecidos no Barroco e Clasicismo. Este proceso alcanzou o seu apoxeo coas óperas de Wagner, nas que arias, coros, recitativos e pezas instrumentais son difíciles de distinguir. Tamén aconteceron outros cambios. O castrati desapareceron e, polo tanto o coro tornouse máis importante. Ao final do período Romántico,o verismo fíxose popular en Italia, retratando escenas realistas na ópera, en vez de históricas ou mitolóxicas. Moitos compositores do Romanticismo, escribiron música nacionalista, que tiña algunha conexión especial co seu país. Isto maniféstase de varias formas na ópera. |
LIED
|
Lied é a palabra alemana para "canción".
Trátase de poemas románticos alemáns con música. A poesía que forma a base para os Lieder a miúdo céntrase en temas pastorais ou temas de amor romántico. Normalmente os Lieder organízanse para un único cantante e piano, o Lied con acompañamento orquestral ten un desenvolvemento posterior.Algúns dos máis famosos exemplos de Lieder son obras de Schubert. |
|
MÚSICA INSTRUMENTAL
|
PIANO
![]() |
- PRELUDIO: Composición curta composta para piano con virtuosismo. - BAGATELA: Peza musical pequena para piano, de carácter suave. - ESTUDIO: Peza musical de curta duración cun tema musical que vai incrementando a dificultade. Este deseñado para a práctica de determinadas habilidades musicais. A tradición de escribir estudios aumentou a inicios do século XIX coa expansión da aprendizaxe do piano. - IMPROMPTU: Obra musical sen regras na que o intérprete é libre para improvisar. - NOCTURNO: Composición inspirada na noite, con carácter sentimental e liña melódica delicada e expresiva. |
MÚSICA
PROGRAMÁTICA |
A música programática
é a música que ten por obxectivo evocar ideas ou imaxes extra-musicais
na mente do oínte, representando musicalmente unha escena, imaxe ou
estado de ánimo. - POEMA SINFÓNICO: Peza de música orquestral nun só movemento que evoca ou ilustra contido extra-musical (un poema, unha historia ou novela, unha pintura, unha paisaxe...). O seu inventor foi Franz Lizst. |
|
SINFONÍA
![]() |
Co establecemento das orquestras profesionais, a sinfonía asumiu un lugar máis destacado na vida dos concertos. Beethoven doulle máis dramatismo a sinfonía. A súa Sinfonía n º 5 é sen dúbida a máis famosa sinfonía xamais escrita. A Sinfonía n º 6 é un traballo programático, con imitacións instrumentais de cantos de paxaros e unha tormenta, e un quinto movemento que desafía a convención. A súa Sinfonía N º 9 dá o paso sen precedentes (para unha sinfonía) de incluír pezas para solistas vocais e coro no último movemento, tornándose unha sinfonía coral. A Sinfonía Fantástica de Berlioz, obra famosa pola súa orquestración innovadora é tamén unha obra programática. |
