index



factsFEITOS NO ROMANTICISMO

O Romanticismo foi un movemento artístico, literario e intelectual que se orixinou na segunda metade do século XVII en Europa en reacción á Revolución Industrial.
En parte, foi unha revolta contra as normas sociais e políticas da época da Ilustración e unha reacción contra a racionalización científica da natureza. Tivo moita importancia nas artes visuais , música e literatura, pero tivo un gran impacto na historiografía e historia natural.
O seu efecto sobre a política foi considerable e complexo, mentres que a maior parte do período romántico foi asociado co liberalismo e radicalismo, a longo prazo, o seu efecto sobre o crecemento do nacionalismo foi probablemente máis significativo.

Os eventos e cambios que aconteceron na sociedade, tales como ideas, actitudes, descubrimentos, invencións e acontecementos históricos afectaron tamén á música. Por exemplo, a Revolución Industrial estaba en pleno efecto ao final do século XVII e principios do século XIX. Este feito tivo un efecto moi profundo sobre a música: houbo grandes melloras nas válvulas mecánicas e chaves dos que dependen a maioría dos instrumentos de vento (madeira e metal). Os novos e innovadores instrumentos podían ser tocados con máis facilidade e eran máis fiables.

Outro desenvolvemento que tivo un efecto sobre a música foi o ascenso da clase media.
Antes do Romanticismo, os compositores vivían do patrocinio da aristocracia. Moitas veces o público era pequeno, composto na súa maioría da clase alta e persoas que entendían sobre música.
Os compositores románticos, por outra banda, escribiron frecuentemente para concertos públicos e festivais, con grandes audiencias que pagaban entrada, e que non tiñan necesariamente coñecementos musicais.

go